Bibopalula, acrobacias chinesas e un obradoiro poético esta fin de semana en Vigo
A fin de semana vén cargada de espectáculos, comezando polo da exitosa serie infantil orixinal en galego, Bibopalula. Cun pouco máis de acción o show internacional de acrobacias de China chega ao Auditorio Mar de Vigo para sorprender. Na Morada acollen o Peixiño Market, un mercadiño con música para recadar fondos para a produción dunha curtametraxe sobre o Alzheimer. Isto e máis na axenda d’A Movida.

Bibopalula O Espectáculo – Venres 2 ás 17:30 h no Teatro Afundación – Desde 11,00 €
Bibopalula é a primeira serie animada musical orixinal en galego, un fenómeno que xa é o máis visto en contidos infantís a nivel Galicia en décadas. Esta semana traen o seu show en vivo para achegar ás cancións ao público en directo, disfrazados e coa presenza de Lidia Veiga, podcaster e actriz destacada, que presenta e interactúa cos paxaros que protagonizan a serie.
Os máis pequenos teñen a oportunidade de entregar en man a súa carta as súas maxestades de oriente. Estarán en lugares como Policarpo Sanz 13, Corte Inglés, Centros Comerciais Camelias, Gran Vía, A Laxe, Travesía e Vialia. En canto a horarios e datas exactas mellor consultalos na nosa Axenda de Nadal.
Calificado como único no mundo e con máis de 30 artistas en escena, algúns que veñen do Cirque du Soleil, os acróbatas chineses veñen a Vigo a dar un espectáculo inesquecible, contando a historia dun neno soñador nun mundo de fantasía. Contan con tres funcións esta fin de semana, venres 2 ás 20:30 h e sábado 3 ás 18:00 h e ás 20:30 h.
‘Pepe y Lucas: Dentro y Fuera’ – Venres 2 ás 21:00h no Teatro Afundación – Desde 18,80 €
Os irmáns galegos que revolucionan TikTok agora traen o seu propio espectáculo en vivo. Agarda unha función chea do humor que os caracteriza, moi absurdo e un pouco irreverente, só hai que verlles ás caras para saber que esperar.
Peixiños Market – Sábado 3 de 12:00 h a 20:00 h en A Morada – De balde
A Morada acolle un mercadiño con postos de artesanía, xantar e bebida, djs durante todo o día, bingos e sorteos. Todo o diñeiro recadado pola organización irá destinado á realización dunha curtametraxe sobre o Alzhéimer.

Concerto Benéfico de Reis – Sábado 3 ás 12:30h no Teatro Salesianos – 10,00 €
A orquesta clásica de Vigo organiza un concerto especial dedicado a Chaickovski no que se ineterpretará a suite do Quebranoces, unha proposta coa que darlle a benvida aos reis na que colaboran con cinco entidades sociais da nosa cidade: Aldeas infantiles, Asociación de Parálise Cerebral de Vigo, Comedor de la esperanza, Discamino e Lusekelo-Alegría.
Tamborileiro do Nadal – Sábado 3 ás 19:30 h na Porta do Sol – De balde
Concerto de Nadal do Coro ACOPOVI a Asociación Musical Atlántida de Matamá e Richard Sánchez. Un espectáculo para todos os públicos na presenza de toda a decoración arredor do Sereo e a árbore de Nadal.
Concerto Supernova – Sábado 3 ás 21:30 h na Fábrica de Chocolate – Desde 3,51 €
O grupo vigués SUPERNOVA, unha das formacións de covers máis enérxicas e versátiles da escena galega, ofrecerá un concerto no que repasará algúns dos grandes himnos do pop-rock nacional e internacional.
Concerto The Tremenders – Sábado 3 ás 22:00h na Pecera – 8,00 €
Outro grupo de Vigo cun repertorio de versións moi escollidas, con grandes cancións de clásicos como Aretha Franklin ou Nina Simone e tamén de novos valores como Amy Winehouse ou Freedonia. Un tributo ao soul máis visceral e salvaxe.
O Café Uf en colaboración coa artista Noa Fontán organizan un obradoiro aberto para achegar a escritura poética e reflexionar sobre a cidade de Vigo nestes termos. Todo o mundo está convidado, só hai que inscribirse no formulario.
SE QUERES COÑECER TODOS OS EVENTOS DE NADAL EN VIGO CONSULTA A NOSA AXENDA DE NADAL.




