Better Late: nostalxia moderna
Better Late é unha marca de moda para quen se preocupa por facer as cousas ben e á súa maneira, porque, ás veces, o verdadeiro cambio é baixar o ritmo, prestar atención aos detalles e retomar o control.

Better Late naceu do soño compartido de Gabriel Pérez (CEO e deseñador gráfico) e Gala García (directora creativa e responsable do deseño, a padronaxe e a confección). A idea de crear unha marca de moda xurdiu en 2022; e, como as cousas boas se fan amodo, foi en 2024 cando deseñaron as primeiras pezas e investigaron todos os procesos de produción necesarios para centrar a súa filosofía en catro piares: a creatividade, a sostibilidade, a inclusión e a unión multidisciplinaria das artes. O nome Better Late quere facernos chegar unha mensaxe clara: nun mundo que nos impulsa cara á inmediatez, queren dedicar o tempo necesario a crear algo auténtico, gozando dos pequenos detalles; queren confiar no proceso e non deixarse levar pola presión da fast fashion.


Este outono podemos incluír no armario as pezas de ACTO I: Norman, a primeira colección de Better Late, inspirada na nostálxica cultura tecnolóxica de finais dos oitenta e principios dos noventa. As pezas xiran ao redor de Norman, un personaxe entrañable que encarna a quen vive un pouco fóra do común: meticuloso, sensible, irónico, torpe pero brillante. A Norman non lle dá medo poñer gravatas, bolsos cheos de cables ou camisas de raias. Norman quere convidarnos a vestirnos e sentirmos a liberdade de saír á rúa como nos pete. Mellor tarde que nunca, e agora é o momento de apostar pola moda sostible, orixinal e única.
betterlate.es | @betterlate.official
Estela Gómez
Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)
- Dez ideas de regalo local para este Nadal - 10 Decembro, 2025
- Crea pezas únicas ou dálle unha segunda vida a calquera roupa con Felicetta Gualtieri - 10 Decembro, 2025
- Panda Bohème: agasallos para amantes da escritura - 9 Decembro, 2025
- Better Late: nostalxia moderna - 7 Novembro, 2025
- Füa Chaval, uniforme de superheroe - 2 Outubro, 2025



