Ballet clásico, humor con ‘Mentes peligrosas’ e Estrellas de Buena Vista esta fin de semana en Vigo
Tamén temos teatro na sala Ártika, espectáculo de motos no Ifevi e un último certame nas Travesas para pechar a época rondalleira. Preme no título de cada evento para obter máis información e visita a nosa axenda para coñecer todos os eventos que se celebran esta fin de semana na cidade.

O CREBANOCES – Venres ás 20:30 h no Teatro Afundación – Desde 19,80 €
Interpretación deste clásico polo Ballet Clásico Internacional, unha proposta artística de Tatiana Solovieva Producciones, un equipo que leva 30 anos compartindo cos públicos de España os mellores espectáculos, respectando, honrando e divulgando esta tradición.
O LAGO DOS CISNES – Venres ás 21:00 h no Auditorio Mar de Vigo – Desde 37,00 €
Unha cativadora historia de amor, o virtuoso dobre papel de Odette/Odile, a forza da música de Tchaikovsky e un dos máis grandes pas de deux do repertorio do ballet converten O Lago dos Cisnes nunha experiencia única.
FREESTYLE MOTOCROSS – Sábado ás 17:00 h no Ifevi – Desde 23,98 €
Acrobacias imposibles e pura adrenalina neste espectáculo do motor no que participan coñecidos pilotos internacionais como Mincha, Dani Torres, Mario Luca e Maykel Melero.
Álex Clavero, Ana Morgade, David Cepo e Xosé A. Touriñán son os protagonistas desta nova edición do espectáculo ‘Mentes Peligrosas’ no que haberá novos monólogos e novos gags co único obxectivo de rirnos como nunca.
UN DEUS SALVAXE – Sábado e domingo ás 20:00 h na Sala Ártika – Desde 13,00 €
Comedia negra de Talía Teatro na que dous matrimonios intentan resolver civilizadamente unha pelexa entre os seus fillos, ata que salta por os aires a corrección política e aparece o “deus salvaxe” que levan dentro.
CLUSTER – Sábado ás 21:30 h no The Monk Pub – Caixa inversa
Concerto a cargo desta banda formada por Diego Salgado e Pablo Pazo que propoñen unha viaxe desde a música dos Apalaches e do Sáhara ata o propio repertorio Atlántico.
ORQUESTRA VIGO 430: ‘Paisaxes soñados’ – Domingo ás 12:00 h no Auditorio Martín Códax – 6,00 €
Ysaÿe, Shuchmann e Strauss serán interpretados polo violín e viola de Amira Abouzahra e o piano de Cristina Redondo. Unha viaxe polo territorio máis íntimo e imaxinativo do Romanticismo tardío.

CERTAME DE RONDALLAS – Domingo ás 17:00 no pavillón das Travesas – Gratis
O Concello de Vigo organiza un novo certame rondalleiro no que participarán sete agrupacións que proveñen do propio concello, Redondela, Tui e Nigrán.
FESTIVAL ALUMÉAME – Domingo ás 17:00 h na sala Rebullón – 1kg de alimentos
Oito grupos de teatro, música e baile participan neste evento familiar que ten como obxectivo recadar alimentos para as familias desfavorecidas de Mos.
O espectáculo conta coa participación de dezaseis músicos sobre o escenario, entre eles, membros orixinais do Buena Vista Social Club como os vocalistas Carlos Calunga e Lázaro Villa, o percusionista Ángel Terry, o saxofonista Javier Zalba, o trompetista Roberto García, o trombonista Alberto Muñoz, o contrabaixista Fernando Arévalo e a violinista Osiris Valdés. Todo iso baixo a dirección musical de Pancho Amat.


