As verbas de Miriam Reyes protagonizan o valo de Pereira
“A golpes de mar desancóranse as palabras da boca” é o novo verso que ilustrará o histórico valo de Pereira na Avenida de Beiramar. A autora da cita é a poeta galega Miriam Reyes, Premio Nacional de Poesía 2025, quen se incorpora así á listaxe de autores e autoras que participaron nesta iniciativa cultural impulsada pola compañía desde o ano 2012.

A presentación oficial do novo valo tivo lugar este mércores a bordo do Argos Pereira, nun acto no que participaron representantes da empresa e a propia autora. Miriam Reyes destacou a forza simbólica do mar ligada tanto á vida orgánica
como á vida interior. O seu misterio e a súa forza arrástrannos. A identidade galega pasa polo mar, tamén a trasatlántica. E no mar nos mergullamos para chegar ao máis profundo de nós mesmos, indicou a autora. Ademais, engadiu que o mar e os produtos do mar están relacionados para ela co gran amor do seu avó, nado en Cuba, fillo de lucenses, co que percorría as beiras das praias viguesas, de nena, e cazaba cangros. O valo poético é para ela unha maneira de volver atoparse co mar da súa infancia, que garda como un tesouro.
Reyes súmase así a unha iniciativa coa que Pereira busca tender pontes entre empresa, cultura e territorio, convertendo o seu valo de Beiramar nun espazo de visibilidade para a literatura galega contemporánea. A iniciativa do valo poético naceu en 2012 co obxectivo de unir cultura e identidade mariñeira. Desde entón, estas foron as frases e autores que ilustraron o valo de Pereira:
2025 – “Lobos de mar, montañas de valor”, de Pedro Feijoo
2024 – “Chamoume o mar para romper augas”, de Olga Novo
2023 – “O paso do boi é lento pero seguro”, de José Pereira Álvarez
2022 – “As nubes deixan no mar bicos e versos para soñar”, de Antonio García Teijeiro
2021 – “O mesmo mar fai cada día unha distinta praia”, de Yolanda Castaño
2020 – “Podo temer a morte, pero non quero ter medo a estar vivo”, de Domingo Villar
2019 – “O tempo, o sol e o mar engurraran o rostro do mariñeiro e cuartearan a súa
pel como terra seca”, de Domingo Villar
2018 – “Neste mar navegan os barcos da nosa vida”, de Ledicia Costas
2017 – “Estamos en la bahía de Vigo y sólo de usted depende que pueda conocer sus
secretos”, de Julio Verne
2016 – “A maxia de saber amar”
2015 – “Cada palada cuenta”
2014 – “No importa el frío, no se nos congelará el corazón”
2013 – “Un mar de sabores”
2012 – “Este mar nos ha llevado al mundo”



