As mellores tendas de Vigo para aproveitar o Bono Activa Comercio

A Xunta de Galicia lanza un ano máis o programa Activa Comercio que impulsa as compras en tendas de barrio a través dun bono de 30,00 €. Así funciona e estes son os locais vigueses recomendados por A Movida nos que facer uso del.

O Bono Activa Comercio ofrece a cada persoa que o descargue un máximo de 30€ para gastar nos locais adheridos ata o 15 de decembro ou esgotamento do crédito do programa, que ascende a dous millóns e medio de euros. Para conseguir o bono só tes que entrar na web, rexistrarte e descargalo no teu móbil, onde terás un código QR que escanearán nos negocios participantes nesta proposta da Xunta.

Os descontos funcionan por tramos de 5, 10 e 15 € segundo a cantidade final a pagar. As compras de entre 20 e 29,99 € obterán un desconto de 5 €; as de 30 a 49,99 €, terán un retorno de 10 € e a partir de 50 € de compra o desconto é de 15 €.

Flamingos Vintage Kilo 

Rúa do Doutor Cadaval, 21

Tenda de moda vintage importada dos Estados Unidos no que as prendas páganse por quilo. Nesta reportaxe podes coñecela mellor. Hawaianas, camisas Westerncrazy jacketsbeisboleras, vestidos, saias, monos, petos, Levis 501, tie dyes, chaquetas de pel, cintos, botas cowboy…todo isto e moito máis.

Galerías Fetén

Rúa Elduayen, 28

Nesta tenda, rexentada por Águeda González e Xacobo Cacharrón, atoparemos roupa, complementos, calzado e decoración para o fogar. Os valores éticos, a produción responsable, o traballo manual, a singularidade ou o talento autóctono son algúns dos factores que inflúen á hora de seleccionar os produtos, que van rotando cada certo tempo. 

La Contenedora

Rúa de Eduardo Iglesias, 11

Take away, tenda de roupa, galería de arte, taller de cursos… La Contenedora é un espazo polivalente rexentado por Leticia Rodríguez e Saúl Seoane, que alberga propostas artísticas, comerciais, culturais, formativas e hostaleiras co que se busca darlle unha nova vida a esta rúa transversal á do Príncipe.

Le Marche de Rachel 

Rúa Carral, 15

Comercio no que a cor, os estampados e os deseños orixinais ocupan paredes, estantes, vitrinas e burras. Unha tenda multimarca onde cada prenda elíxese polo seu deseño, pero tamén con criterios de calidade e sostenibilidade. O prato forte son as prendas de roupa, pero Le Marché de Rachel tamén vende calzado, mochilas e estoxos e complementos artesanais e chamativos.

Libraría Librouro 

Rúa do Doutor Cadaval, 12

Libraría que abriu as súas portas en 1967 e que está especializada en libros en galego e de pensamento galeguista, ademais de contar nos seus andeis cos éxitos literarios do momento.

Mapis 

Rúa de Urzáiz, 118

Tenda de puericultura con todos os artigos que os pais precisan para coidar dos seus pequenos: accesorios, carriños, xoguetes… das mellores marcas e conxugando funcionalidade, estética e diversión. Tamén organiza talleres e charlas con profesionais en infancia.

Sr. Nilsson

Rúa Triunfo, 2

Tenda multimarca de moda e accesorios con selo nacional. Cunha decoración coidada, mestura o vintage e o ecléctico ofrendo gran variedade de prendas e accesorios orixinais e moi especiais que non deixan a ninguén indiferente.

Vaidhé 

Rúa Carral, 7

En Vaidhé, Iris e Eli seleccionan láminas, libros, xoias, cerámica, roupa e obxectos decorativos de pequenos artesáns e marcas maioritariamente galegas. Tamén venden produtos deseñados por elas mesmas, como a colección de tote bags con mensaxe ou os cadernos para que amantes do cine, os libros, as viaxes ou a cociña rexistren a súa paixón con mimo e estilo.

Woodtown

Av das Camelias, 20

A moda urbana ten en Vigo un templo chamado Woodtown. Contan con todo tipo de prendas e zapatillas de marcas internacionais recoñecidas, como Carhart, Vans, Huf, Element, Revolution ou Numeric by New Balance. Woodtown e a súa sorrinte tendeira Joana son referencia dun estilo de vida urbano, desenfadado e alternativo, pero que presta especial atención á calidade e o deseño das prendas que viste.