REVISTA MARZO

#ARutaDasArtistAs de Davida en vinte imaxes

Aproveitamos o remate do noso percorrido pola #RutaDasArtistAs de Davida para sortear o seu libro As Artistas, ademais de para compartir con vós todas as fotografías que lles sacamos a elas coas súas ilustracións. Podes participar no sorteo ata o vernes 1 de febreiro ás 23:59 dándolle un ‘gústame’ na publicación nas nosas redes sociais.  

O pase de diapositivas require JavaScript.

Desde o segundo número da revista A Movida, alá por novembro, ata o de xaneiro, adicámoslle unha sección a unha das iniciativas locais que máis nos chamou a atención do ano pasado. Foi a coñecida como #RutasDasArtistAs, na que o ilustrador vigués David Amoedo (@davida) foi pegando polas paredes da cidade ilustracións de diferentes artistas femininas que participaron no Festival Nun Local.

Desta forma cubriu os muros do Casco Vello, Calvario, Hispanidade e Florida cun total de 34 ilustracións de mulleres realizando arte en calquera das súas formas: música, poesía, danza, performance, animación infantil… todas elas acompañadas por un código QR que mostraba a páxina web ou unha actuación da artista en cuestión.

Das 34 ilustracións só conseguimos fotografiar a 20 delas coa súa artista, xa que moitas viven fora de Vigo ou os seus horarios non coincidiron cos nosos. Por desgraza, na actualidade moitos dos murais atópanse moi danados ou directamente xa non están, xa sexa pola climatoloxía ou pola acción humana. Por iso mesmo, tanto esta galería como as revistas dos últimos meses supoñen unha boa forma de inmortalizar este proxecto levado a cabo con tanto esforzo e dedicación por Davida.

Podes consultar o mapa coa localización dos murais neste enlace e as nosas revistas dos meses anteriores neste outro.

Co gaio do Día da Ilustración (o 30 de xaneiro) sorteamos un exemplar do libro As Artistas de David Amoedo, Davida, onde se recollen as ilustracións desta ruta.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook, Instagram ou Twitter e darlle gústame na publicación sobre este sorteo.

O prazo para participar é ata o venres 1 de febreiro ás 12 da noite. O sábado 2 de febreiro coñeceremos o nome da persoa premiada.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

Gañador/a:
O gañador ou gañadora serán elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o seu perfil de facebook; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

Banner A Movidiña

O premio:
Sortéase un exemplar do libro As Artistas de David Amoedo, Davida. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.