Arribada de Baiona, Luz Casal e Taburete esta fin de semana en Vigo

Despedimos febreiro e inauguramos o mes de marzo coa festa da Arribada en Baiona, numerosos concertos entre os que destacan o de Luz Casal e Taburete, teatro e ata un festival de cultura urbana. Preme no título de cada evento para obter máis información e visita a nosa axenda para coñecer todos os eventos que se celebran esta fin de semana na cidade.

CONCERTO DE LUZ CASAL – Xoves e venres ás 20:30 h no Auditorio do Teatro García Barbón – Desde 55,00 €

A cantante de Boimorto pasa por Vigo na xira do seu novo disco ‘Me voy a permitir’ no que combinan a elegancia da chanson francesa co espírito do cancioneiro latinoamericano, o relato do cotián e a súa alma rockeira.

FESTA DA ARRIBADA – Venres, sábado e domingo en Baiona – De balde

A Festa da Arribada conmemora a chegada da Carabela Pinta á vila de Baiona. Destaca o ambiente festivo, a instalación dun gran mercado e as representacións históricas.

SWING ON WIC.END – Venres a domingo en varios espazos – Varios prezos

A escola de baile Swing On trae un ano máis este festival: tres días de clases e festas arredor do mundo swing da man de expertos na materia. Remata o domingo cun vermú swing ao na rúa Elduayen aberto a todo o mundo (en caixo de chuvia celebrarase en Caixa de Ritmos)!

‘Memorias dun neno labrego’

ESPECTÁCULO ‘MEMORIAS DUN NENO LABREGO’ – Venres ás 20:00 h no Auditorio do Concello – Entradas esgotadas

Adaptación en formato de monólogo escénico de Candido Pazó da famosa novela de Xosé Neira Vilas, programada para conmemorar o décimo aniversario do pasamento do autor.O único pase desta peza na nosa cidade ten as entradas esgotadas, situación que se repite desde hai tempo como explicamos nesta reportaxe sobre a falta de infraestruturas culturais e para espectáculos en Vigo.

KRANEO FEST – Sábado de 11:00 a 21:00 h en La Contenedora – De balde

Festival de cultura urbana que combina música en directo, DJ, baile, grafiti, tatuaxes, moda e mercadillo nunha xornada única e diversa.

La Contenedora

CINEMA ORQUESTRADO ‘A NOITE DOS MORTOS VIVENTES’ – Sábado ás 20:30 h no Teatro Salesianos – Desde 15,00 €

A proxección da película clásica A noite dos mortos viventes (1968) de George A. Romero chega agora cunha interpretación completamente nova. Mentres a película se proxecta na pantalla, a Orquesta Clásica de Vigo executará en directo unha banda sonora especialmente seleccionada para a ocasión e un equipo de actores e actrices de voz interpretará os diálogos en galego.

CONCERTO DE TABURETE – Sábado ás 21:00 h no Mar de Vigo – Desde 33,50 €

Tras máis dun ano afastados dos escenarios, Taburete regresa con El perro que fuma, o seu novo álbum, e unha xira que percorre as principais cidades do país. Un espectáculo renovado en son e escenografía, que marca unha nova etapa sen perder a enerxía e o espírito festivo que sempre os caracterizou.

CONCERTO OLIVIER MARTÍN – Sábado ás 21:00 h en Mondo Club – 15,00 €

O cantautor australiano-español que reparte a súa vida entre Vigo, Londres e Melbourne, presenta en acústico o seu álbum début. Con raíces no rock acústico alternativo e melodías profundamente emocionais, a súa música explora os cruces entre amor, identidade e verdade.

CONCERTO SOMBRA ALOR + NADIE GONZÁLEZ – Sábado ás 21:30 h na Sala Master – Desde 19,00 €

Nadie González e Sombra Alor comparten escenario nun dobre concerto que une intimidade, poesía e compromiso. Dúas voces destacadas do rap, o hip hop e a fusión que cruzan tradición e vangarda.

‘PATÉTICO SHOW’ DE ABIÁN DÍAZ – Domingo ás 18:00 h no Auditorio do Teatro García Barbón – Desde 19,80 €

Acompañado polo seu piano, o cómico e actor tinerfeño sorprenderá aos asistentes cun espectáculo no que haberá moita improvisación e sobre todo moitas risas.