REVISTA ABRIL

Ariel Rot grava en Vigo un capítulo do seu novo programa

O ex integrante de Tequila e Los Rodríguez estivo esta mañá cruzando a ría a bordo de Mar de Ons con motivo da gravación do programa de televisión Un país para escucharlo. Xoel López e Iván Ferreiro foron os entrevistados na nosa cidade, e poderemos ver o programa íntegro o martes 2 de abril a partir das 22:50 en TVE2. 

REVISTA ABRIL

Ariel Rot esta mañá baixando da navieira | Mar de Ons

O músico arxentino Ariel Rot visitou Vigo esta mañá para gravar un novo capítulo de Un país para escucharlo, un programa que propón unha viaxe por distintos puntos de España para coñecer a tradición musical local da man de artistas moi recoñecidos que actúan como os seus “guías”, ademais de coñecer os rincóns máis airtísticos de cada cidade. O programa deu comenzo o pasado 5 de febreiro e se emite cada martes ás 23:00 en la 2 de Televisión Española.

Nesta ocasión os entrevistados na nosa cidade foron Xoel López, nada máis chegar ao porto de Vigo, e Iván Ferreiro, como desvelou nun pequeno vídeo para os medios. Esta segunda entrevista con case total seguridade foi no Museo do Mar, en Alcabre, xa que o artista subiu a Instagram unha foto con Xoel neste lugar.  O programa, que poderemos ver o 2 de abril, falará da tradición musical de Galicia. Vigo foi a súa terceira parada, tras A Coruña e Santiago, e non sabemos se tamén a última.

‘Un país para escucharlo’ comezou o seu periplo en Sevilla e Cadiz, despois viaxou a Madrid e a próxima parada será Galicia. O programa tamén visitará Asturias con Jorge Martínez (Ilegales), Barcelona con Santi Balmes (Love Of Lesbian), Granada con Anni B Sweet, Murcia con Carlos Tarque e Aragón con Amaral.