Analizamos as películas que se van proxectan ao aire libre en Castrelos
Hai uns días anunicabamos o ciclo de cinema ao aire libre Era una vez en una mansión británica, para conmemorar o centenario da doazón do Pazo de Castrelos ao pobo de Vigo. Seis proxeccións de balde nos xardíns da parte dianteira do Pazo ás 22:00 h arredor da cultura británica e as grandes mansións inglesas, ligado ás orixes deste espazo histórico. Para saber que di a crítica cinematográfica e o público cinéfilo sobre estes filmes, recurrimos ás webs especializadas FilmAffinity, Letterbox, IMdB e Rotten Tomatoes.


22/08 Corgi: Las mascotas de la reina (2019), de Ben Stassen | 92 min.
Rex é o can máis querido da Raíña de Inglaterra. Un día, Rex perde o rastro da súa dona e atópase por casualidade cun clan de cans de distintas razas que teñen rifas e pelexan entre si. Na súa aventura para atopar a raíña, Rex pescuda o significado do amor e descobre quen é realmente.
FilmAffinity: 4,4/10 | Profesionais: 2 positivas, 3 intermedias e 5 negativas
Letterbox: 2/5
IMDb: 4,9/10
Rotten Tomatoes: 0% críticas positivas profesionais e 36% nos espectadores

23/08 Emma. (2020) de Autumn de Wilde | 124 min.
Guapa, intelixente e rica, a moza Emma Woodhouse (Anya Taylor-Joy) é unha raíña sen rival no seu pequeno pobo. Nova adaptación da novela de Jane Austen publicada en 1815 sobre a vida da moza Emma. O guion corre a cargo da novelista gañadora do Premio Booker Eleanor Catton, que no ano 2013 se converteu na máis nova en recibir o prestixioso galardón.
FilmAffinity: 6,2/10 | Profesionais: 22 positivas, 6 intermedias
Letterbox: 3,7/5
IMDb: 6,7/10
Rotten Tomatoes: 86% críticas profesionais positivas e 72% nos espectadores

29/08 El jardín secreto (2020) de Marc Munden | 99 min.
Mary Lennox (Dixie Egerickx) é un nena nada na India de pais británicos. Cando ambos falecen de súpeto, Mary é enviada a Inglaterra co seu tío, Archibald Craven (Colin Firth), que vive nunha remota paraxe no páramo de Yorkshire. Alí comeza a descubrir segredos familiares, sobre todo despois de coñecer ao seu enfermizo curmán (Edan Hayhurst), que durante anos estivo encerrado nunha das ás da mansión. Xuntos, os dous nenos exploran un xardín descuberto por Mary, que lles axuda a pechar as feridas que sufriron na súa curta existencia.
FilmAffinity: 4,9/10 | Profesionais: 6 positivas, 10 intermedias, 2 negativas
Letterbox: 2,7/5
IMDb: 5,6/10
Rotten Tomatoes: 66% críticas profesionais positivas e 42% nos espectadores

30/08 Puñales por la espalda (2019) de Rian Johnson | 130 min.
Cando o renombrado novelista de misterio Harlan Thrombey (Christopher Plummer) é atopado morto na súa mansión, xusto despois da celebración familiar dos seus 85 anos, o inquisitivo e cortés detective Benoit Blanc (Daniel Craig) é misteriosamente recrutado para investigar o asunto. Moverase entre unha rede de pistas falsas e mentiras interesadas para tratar de descubrir a verdade tras a morte do escritor.
FilmAffinity: 7,2/10 | Profesionais: 50 positivas, 1 intermedia, 1 negativa
Letterbox: 4/5
IMDb: 7,9/10
Rotten Tomatoes: 97% críticas profesionais positivas e 92% nos espectadores

05/09 Misterio en Venecia (2023) de Kenneth Branagh | 103 min.
Na Venecia posterior á Segunda Guerra Mundial, Poirot, agora retirado e vivindo no seu propio exilio, asiste de mala gana a unha sesión de espiritismo, cando un dos invitados é asasinado, polo que depende do exdetective descubrir unha vez máis ao asasino.
FilmAffinity: 5,9/10 | Profesionais: 21 positivas, 14 intermedias, 5 negativas
Letterbox: 3/5
IMDb: 6,5/10
Rotten Tomatoes: 76% críticas profesionais positivas e 76% nos espectadores

06/09 Antes de Nós (2025) de Ángeles Huerta | 84 min.
Unha parella, dous momentos. Un baile continuo de separación e reencontro. Dúas historias entrelazadas. 1918, Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar como médico en Rianxo durante a gripe española. Un heroe para o pobo, pero un home ausente para a súa muller, Virxinia. 1929, o matrimonio percorre Bretaña poucos meses despois da perda do seu único fillo. Dous seres rotos e un vínculo que xa non se entende. Unha viaxe vai unir para sempre. Castelao antes de ser Castelao. Galicia antes da “xeración Nós”. Castelao e Virxinia antes de ser “nós”.
FilmAffinity: 6,7/10 | Profesionais: 2 positivas, 1 intermedia
Letterbox: 3,6/5
IMDb: 7,5/10
Rotten Tomatoes: –
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- O Concello impide a celebración do festival Mar de Galicia a menos de 24 horas da súa celebración - 18 Xullo, 2026
- Novidades musicais locais para escoitar cos pés a remollo - 17 Xullo, 2026
- Sinsal vertebra a súa edición máis ambiciosa a través do Camiño Portugués e o patrimonio industrial - 8 Xullo, 2026
- Os concertos de Castrelos teñen un custo de arredor de tres millóns e medio de euros - 30 Xuño, 2026
- Do bar ao mundial: a evolución imparable do fútbol gaélico en Galicia - 29 Xuño, 2026

