Ainhoa Arteta, Ismael Jordi e Sonia de Munck actúan en Vigo dentro do programa Otoño Lírico 25
O ciclo Otoño Lírico 25, da Asociación de Amigos de la Ópera de Vigo desenvólvese entre setembro e novembro e inclúe destacados títulos da lírica internacional, zarzuela e unha coidada selección de actividades paralelas pensadas para todos os públicos. Preme aquí para mercar as entradas.

O festival inaugúrase o 26 de setembro no Auditorio do Teatro García Barbón cun programa dobre do compositor Francis Poulenc: La voz humana e La dama de Montecarlo. Ambas as obras, baseadas en textos de Jean Cocteau, prometen un “tour de forcé” para a soprano protagonista, Sonia de Munck, quen estará acompañada ao piano por Miguel Huertas e baixo a dirección escénica de Eugenia Corbacho. Esta será a estrea en Galicia do drama La Dama de Montecarlo.
O 18 de outubro será á quenda de Una noche de Zarzuela, un recital de luxo con intérpretes de renome como a soprano Ainhoa Arteta, o barítono Borja Quiza, e o tenor Francisco Corujo, con Javier Carmena ao piano. Este concerto, repasará pezas indispensables de compositores como Sorozábal, Chapí, Vives, Barbieri, Moreno Torroba e Fernández Caballero, incluíndo obras emblemáticas como ‘La Revoltosa’, ‘El dúo de la Africana’, ‘El barberillo de Lavapiés’ ou ‘Luisa Fernanda’.
O prato forte do programa chega o 8 de novembro coa ópera Werther, de Jules Massenet. Esta obra mestra da ópera francesa, de catro actos, coñecida como o “Tristán e Isolda francés”, contará cun elenco de primeiro nivel que inclúe a Ismael Jordi (tenor), Olga Syniakova (mezzosoprano), Gerardo Bullón (barítono), Fernando Latorre (baixo) e Iria Goti (soprano). A Orquesta Sinfónica Vigo 430 (OSV430) e o coro do IES A Xunqueira participan baixo a batuta do mestre Manuel Coves, con dirección escénica de Ignacio García.
Actividades paralelas para todos os públicos:
Novas Voces da Lírica Galega -11 de outubro – Concerto imprescindible no Auditorio “Martín Códax” do Conservatorio Superior de Música de Vigo, que este ano será protagonizado pola prometedora soprano galega Beatriz Arenas, acompañada ao piano por Cristina García Lomba. A entrada é libre ata completar aforo.
Ópera en el Cine: Proxeccións de grandes títulos operísticos no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Este ano o ciclo conmemoraconmemórase o 150º aniversario dos compositores Georges Bizet e Maurice Ravel. As proxeccións, con entrada libre, inclúen La Traviata (Verdi), o 7 de outubro; Carmen (Bizet), o 14 de outubro; e L´ Heure Espagnole (Ravel), o 28 de outubro.
Cine de Otoño: Ciclo de películas relacionadas coa programación do festival, tamén no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. O 23 de setembro proxectarase un programa dobre de La Voz Humana, con versións dirixidas por Ted Kotcheff (1966) e Pedro Almodóvar (2020). A entrada é libre.
Hablamos de…: Ciclo de conferencias e mesas redondas didácticas e formativas. Celebraranse no Café Vitruvia con entrada libre.
Poulenc en femenino singular – 25 de setembro – Mesa redonda con Eugenia Corbacho, Sonia de Munck e Miguel Huertas o 25 de setembro.
Werther o la cumbre de la ópera romántica – 7 de novembro – Mesa redonda con Manuel Coves, Ignacio García e membros do elenco o 7 de novembro.



