VIALIA
bannerPicnicSesions

África González recibirá o Premio Ernestina Otero de Igualdade

Entre o 5 e o 22 de marzo a Concellería de Igualdade de Vigo celebrará diferentes actividades lúdicas que teñen como obxectivo concinciar e promover a igualdade de xénero. Ademais de proxeccións, espectáculos para todas as idades e un pleno extraordinario aberto ao público, farase entrega do Premio de Igualdade Ernestina Otero, que este ano se concede á inmunóloga África González.

A investigadora África González | Foto: Pablo Vázquez

Diferentes espazos da cidade acollerán no mes de marzo unha amplia e variada programación: proxeccións de filmes, representación de obras de teatro, recital de poesía, actuacións musicais, contacontos, visita guiada polo roteiro feminino Sons de mulleres, pleno específico do Consello Municipal da Muller, aberto ao público. A entrada a todas as actividades é libre ata completar a capacidade dos locais.

Ademais, o órgano municipal entregará o X Premio de Igualdade Ernestina Otero, un galardón honorífico que premia a mulleres ou colectivos cuxo traballo promove a igualdade entre homes e mulleres a África González Fernández, doutora en inmunoloxía na Universidade de Vigo. A brillante carreira investigadora de González inclúe ser directora do Centro de Investigacións Biomédicas ( Cinbio) ou presidir a Sociedade Española de Inmunología. Ten publicados máis de cento setenta artigos científicos, desenvolveu catro patentes e é autora do libro divulgativo Inmuno Power: conoce y fortalece tus defensas. África González foi viguesa do mes na Revista A Movida en marzo de 2022. Pódese ler a entrevista aquí.

Toda a programación de 5 ao 22 de marzo

SÁBADO 5 DE MARZO – 19:00 h – Auditorio Municipal, Praza do Rei, 1.
Proxección da curta Anatomía dunha serea de Adriana Páramo. Coloquio posterior coa directora e coa actriz Iria Pinheiro.

LUNS 7 DE MARZO – 19:00 h – Casa Galega da Cultura, Praza da Princesa, 2 .
Recital aberto de poesía de xénero con Silvia Penas.

MARTES 8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
10:00 h Pleno específico do Consello da Muller. Salón de Plenos, Concello de Vigo. Entrada libre con identificación ata completar capacidade.

19:30 h Manifestación convocada por Galegas 8M. Saída desde Praza de España.

MÉRCORES 9 DE MARZO – 20:00 h – Auditorio Municipal, Praza do Rei, 1.
Representación da obra de teatro TABÚ da compañía Tarabela Creativa para público xuvenil-adulto .

XOVES 10 DE MARZO – 20:00 h – Auditorio do Centro Municipal de Teis, Camiño das Maceiras, s/n.
Proxección do filme La ola verde de Juan Diego Solanas. 2019.

VENRES 11 DE MARZO – 17:30 h – Praza 8 de marzo.
Contacontos de Igualdade a cargo de Paula Carballeira para nenas e nenos a partir de 4 anos.

SÁBADO 12 DE MARZO – 11:00 h – Punto de encontro: Paseo de Afonso.
Visita guiada ao Roteiro Feminino Sons de Mulleres a cargo de María Casar.


MARTES 15 DE MARZO – 20:00 h – Auditorio Municipal, Praza do Rei, 1
Entrega do X Premio de Igualdade Ernestina Otero

REVISTA ABRIL

MÉRCORES 16 DE MARZO – 20:00 h – Auditorio Municipal, Praza do Rei, 1
Representación da obra de teatro As alumnas, de Fina Calleja e texto de Paula Carballeira. Unha produción da compañía Culturactiva Producións que conta con Anabell Gago e Mónica Camaño como elenco. Público xuvenil-adulto maior de 14 anos.

XOVES 17 DE MARZO – 20:00 h – Auditorio do Centro Municippal de Teis. Camiño das Maceiras, s/n
Proxección do filme Sonita, de Rolhsareh Ghaem.

MARTES 22 DE MARZO – 20:00 h – Salón de actos MARCO, Príncipe, 54
Actuación musical do grupo Fillas de Cassandra