Actividades feministas para o primeiro semestre do ano
Máis de vinte charlas, presentacións de libros, clubs de lectura e obradoiros ofrecerán unha ampla oferta de contidos sobre feminismo, memoria histórica, creación literaria e análise social. Todas as actividades son gratuítas, e algunhas requiren inscrición previa.

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, dependente do Concello e con sede na Biblioteca Juan Compañel, anuncia o programa de actividades para o primeiro semestre do ano. O programa recolle unha ampla oferta de actividades culturais e formativas centradas na reflexión feminista, a memoria histórica, a análise social e a creación literaria, desenvolvidas entre os meses de xaneiro e xullo. A través de ciclos de faladoiros e presentacións de libros, abórdanse temas como a violencia machista, o papel das mulleres na historia e no pensamento político, as relacións afectivas, a pornografía ou a resistencia cultural e social das mulleres en distintos contextos.
Todas as actividades son gratuítas. O club de lectura e o obradoiro de escrita requiren de inscrición previa e as charlas virtuais están reservadas para a comunidade educativa. O resto de actividades teñen entrada libre. Para calquera dúbida pódese contactar co Centro de Documentación e Recursos Feministas no teléfono ou o mail centro.documentacion.feminista@vigo.org.
CICLO DE FALADOIROS
- Martes, 27 de xaneiro, ás19:00 h – Clorinda Matto de Turner: voz feminina e resistencia indíxena no Perú do s. XIX – Con Lourdes Lorenzo García e Nestor Clemente Rengifo
- Martes, 10 de febreiro, ás19:00 h – 40 anos despois, a loita das Nais contra a droga – Con membros da Asociación Érguete.
- Martes, 17 de marzo, ás19:00 h – Os puntos cegos da violencia machista – Con Silvia Pérez Freire.
- Martes, 14 de abril, ás19:00 h – Begoña Caamaño: memoria, voz e irmandade en Mulleres Nacionalistas Galegas (M.N.G.) – Con Luísa Ocampo.
- Martes, 12 de maio, ás19:00 h – As mulleres na opinión galega: as cotas e o elefante rosa – Con Claudia Morán Mato.
- Xoves, 11 de xuño, ás19:00 h – As feministas galegas, claves na transición democrática – Con Mónica Bar Cendón
PRESENTACIÓNS DE LIBROS
- Xoves, 29 de xaneiro, ás 19:00 h – Ítaca, de María Besteiros (Xerais, 2025)
- Xoves, 12 de febreiro, ás 19:00 h – Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes, de Alba Rodríguez Saavedra (Laiovento, 2025)
- Martes, 10 de marzo, ás 19:00 h – Un mundo que no vi, de Susana Maceira (De los cuatro vientos, 2020)
- Martes, 7 de abril, ás 19:00 h – El último refugio, de Isabel Pardeño (Mengantes, 2025)
- Martes, 19 de maio, ás 19:00 h – Las trampas de la pornografía, de Chis Oliveira, Amada Traba e Priscila Retamozo (Catarata, 2025)
- Martes, 2 de xuño, ás 19:00 h – María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo, de Aurora Marco (Alvarellos, 2025)
CLUB DE LECTURA
É preciso realizar inscrición previa no mail centro.documentacion.feminista@vigo.org
- 25 de febreiro, ás 18:00 h – Un amor, de Alejandro Palomas – Con An Alfaya
- 25 de marzo, ás 18:00 h – O libro da filla, de Inma López Silva – Con Bibiana García
- 29 de abril, ás 18:00 h – O verán sen homes, de Siri Hustvedt – Con Vera Brandao
- 27 de maio, ás 18:00 h – El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes, de Tatiana Țîbuleac – Con Ana García
- 30 de xuño, ás 18:00 h – Nosotras que nos queremos tanto, de Marcela Serrano – Con Susana Maceira
- 26 de xullo, ás 18:00 h – El vagón de las mujeres, de Anita Nair – Con Beatriz Fernández
OBRADOIRO PRÁCTICO DE ESCRITA EXPRESIVA
- Do 5 de marzo ao 4 de xuño, de 18:00 a 19:30 h – Obradoiro práctico de escrita expresiva impartido por Marisé Barreiro-É preciso realizar inscrición previa no mail centro.documentacion.feminista@vigo.org
CHARLAS VIRTUAIS COS CENTROS DE ENSINO
- Impartidas por Cristina Rodríguez Ramos
- Violencia sexual entre a mocidade: espazos onde se poden dar
- Relacións afectivas dende o prisma do coidado e o autocuidado



