CASTRELOS 25

San Xoán, ‘El fantasma de la ópera’, Carla Lourdes e Bibopalula esta fin de semana en Vigo

A véspera de San Xoán vén cargada de plans e eventos para todos os gustos. Ademais de celebracións relacionadas con esta festividade, esta fin de semana, Vigo está cheo de música e espectáculos. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana na cidade, entra na axenda d’A Movida.

‘EL FANTASMA DE LA ÓPERA’ – Desde o venres, no Mar de Vigo – Desde 51,50 €

O Auditorio Mar de Vigo acolle o musical El fantasma de la ópera, no marco da súa xira por España. Inspirada na novela de Gaston Leroux de 1910, ‘El Fantasma de la ópera’ de Andrew Lloyd Webber conta a historia dunha misteriosa figura enmascarada que axexa baixo a Ópera de París, exercendo un reinado de terror sobre todos os que a habitan. Namórase perdidamente dunha nova soprano, Christine Daaé, e dedícase a cultivar os seus extraordinarios talentos, empregando todos os métodos tortuosos ao seu alcance. A espectacular partitura inclúe temas como ‘La música de la noche’, ‘Todo lo que te pido’, ‘Deseando que estuvieras aquí otra vez’, ‘Carnaval’ e a icónica abertura do título.

KV2211 – Venres ás 20:00 h, no Centro Cultural Emilio Crespo

Con motivo do Día Europeo da Música, a Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo KV2211 ofrece un concerto no Centro Cultural Emilio Crespo, acompañada polo Coro KV2211 (formado por pais, nais e amigos da orquestra). Mario Peris é o director da Orquestra Xuvenil, mentres que Raquel Fernández dirixe a Orquestra Infantil.

SAMUEL LEVÍ Y LOS NIÑOS PERDIDOS – Venres ás 21:00 h, no Café De Catro a Catro – Desde 5,00 €

A pesar de enxeñárselas él só para compoñer os seus temas, as súas creacións non se amoldan a estruturas concretas, senón que deixa vía libre á variedade instrumental para sacarlles un brillo especial. Así demóstranolo Samuel Leví no seu último EP, Filias y Fobias, unha obra que abarca desde o rock artesanal, pegadizo e alternativo, ata o pop más cristalino e ensoñador.

CASTILLO – Venres ás 21:00 h, na Sala Kominsky – Desde 10,00 €

Castillo é un músico vigués que bebe directamente da tradición da música norteamericana, tanto do country como do rock alternativo e grunge dos anos noventa. No seu disco Let the Moon Kil the Sun, dá renda solta a todo o seu imaxinario musical. Actúa este venres na Sala Kominsky.

SAN XOÁN – Desde o venres, en varias localizacións – De balde

Un ano máis, as distintas parroquias de Vigo celebran San Xoán con lume, comida e moita música. Aínda que a propia noite de San Xoán é a do luns, 23 de xuño, nalgúns lugares festéxase durante a fin de semana anterior. Co obxectivo de esquematizar as distintas localizacións da festa, elaboramos un mapa que mostra todas as sardiñadas e fogueiras confirmadas ata a data.

CARLA LOURDES – Sábado ás 19:00 h, no Fnac – De balde

Carla Lourdes é unha das artistas encargadas de presentar o Festival PortAmérica 2025. O sábado, 21 de xuño, ás 19:00 h, ofrecerá unha actuación en directo na Fnac de Vigo, interpretando cancións do seu álbum El día que descubrí el lunar en tu oreja. No evento tamén se sorteará un abono VIP doble + unha experiencia degustación no ShowRocking do festival de Portas.

CUARTETO DUMKA + MARGARIDA MARIÑO – Sábado ás 20:00 h, no Teatro Ensalle – 10,00 €

O Teatro Ensalle acolle o Quinteto de cordas en Do Maior D. 956 (F. Schubert), interpretado polo Cuarteto Dumka, composto por Marcos Escobar (violín), Elena Vázquez (violín), David López (viola) e Alejandro Costas (violonchelo), e Margarida Mariño (violonchelo). Probablemente, a mellor e máis ambiciosa obra de cámara de F. Schubert, e, seguramente, a súa obra mestra. Pódese apreciar nela a predilección de Schubert polo violonchelo, instrumento que adoraba polo seu lirismo e capacidade expresiva.

SON DA INDUSTRIA – Sábado ás 20:00 h, no Parque de Joaquín García Picher – De balde

A Asociación As da Industria organiza Son da Industria, un festival cun cartel integramente feminino, composto por:  Carola, Toma de terra, Pava e Lakenobaila. A maiores, conta cunha actividade feminista previa, dirixida á cativada, e cunha barra de bebidas, comida e sobremesas con opcións veganas.

PORRIDGE RADIO – Sábado ás 21:00 h, en Mondo Club – 19,47 €

A banda británica de post-punk, Porridge Radio, dá un concerto en Mondo Club. O seu segundo álbum, Every Bad, inspirado no slowcore, art-punk e indie pop, foi nominado ao Mercury Prize no ano 2020.

BIBOPALULA – Domingo ás 17:00 h, no Teatro García Barbón – Desde 11,00 €

RIO VERBENA

O Teatro García Barbón acolle Bibopalula, un espectáculo musical de gran formato para nenos e nenas de entre 4 e 8 anos. Baseado na serie homónima, a primeira serie musical de debuxos en galego. Marta Lado é a autora do texto e directora da peza, que está protagonizada por Lidia Veiga e musicalizada por Santi Jul e Iván Laxe. Pola súa parte, Cristina Andrade, Graciela Carlos, Sarra Ferro e Nerea Rodríguez son as encargadas de dar vida a Pegui, Carpin, Merli e Robin, a Banda do Bosque.