Á venda as entradas para ver a Leire Martínez, Sexy Zebras ou Beret en Vigo
O Peirao de Transatlánticos da cidade olívica acollerá os días 29 e 30 de agosto Galicia Fest, un novo festival de música pop que acaba de presentar o cartel por días e poñer á venda as entradas.

Os vindeiros 29 e 30 de agosto o novo festival Galicia Fest congrerá na cidade olívica a artistas destacados do indie-pop nacional das últimas décadas. Os concertos terán lugar no Peirao de Trasatlánticos, fronte á Estación Marítima. O venres 29 de agosto Dorian, La Habitación Roja, Samuraï, Sexy Zebras e Éxtasis abrirán o festival, xunto a outras dúas bandas pendentes de desvelar.
O sábado 30 de agosto subiranse ao escenario Beret, que ofrecerá no Galicia Fest o seu único concerto en Galicia de 2025; Leire Martínez, presentando o seu disco en solitario xunto cos grandes clásicos que a levaron ao éxito coa Oreja de Van Gogh; así como Fredi Leis, Hey Kid, Maldita Nerea, Marlon, Noan e Paula Koops, que completan o segundo día de festival.
As entradas xa están á venda na web galiciafest.gal cun prezo de 50,00 € o abono para os dous días e 35,00 € a entrada diaria. A plataforma ofrece a posibilidade de pagar co Bono Cultura da Xunta. Os menores de idade requiren de autorización do adulto responsable e os menos de 16 terán que estar acompañados.
