A túa opinión importa: participa na enquisa de A Movida

Co novo ano, chegan novas ideas, novas metas e as mesmas ganas de facer as cousas o mellor posible. Levamos oito anos apostando por Vigo e pola súa cultura, pola súa xente e polo que se move na cidade, e vós formades parte fundamental desa aposta facéndoa, dalgún xeito, tamén vosa. A Movida non se entende sen quen nos le, nos comparte e nos acompaña número tras número, tanto na web como en papel.

Ao longo destes anos fomos medrando, probando novos formatos, creando seccións e adaptándonos aos cambios, pero temos claro que para seguir construíndo un medio con sentido precisamos parar un intre e escoitarvos. Queremos saber que vos interesa máis e que botades en falta para seguir mellorando. Que mellor escusa que o comezo dun novo ano para abrir esta conversa?

A seguinte enquisa leva menos de 3 minutos e axudarasnos a facer que A Movida teña máis sentido para os seus lectores. É totalmente anónima e as vosas respostas axudaranos a seguir medrando sen perder a nosa esencia.

OV430

Enquisa lectores A Movida