BIBOPALULA

A Residenca Deleite Literario ofrece 3.000 € a un autor galego

A marca de leite Deleite en colaboración coa Residencia Literaria 1863, lanza a primeira bolsa e residencia para escritores galegos na nosa lingua: Deleite Literario. Unha oportunidade para pasar o mes de xullo concentrado nun proxecto de creación literaria para o que se contará co respaldo dunha dotación de 3.000 euros.

Deleite promove unha residencia literaria para un autor galego ao que proporcionará o tempo, espazo e recursos económicos necesarios para dar un pulo ao seu proxecto. O seleccionado recibirá un estipendio de3.000 € e pasará o mes de xullo na Residencia Literaria 1863, na rúa Rego de Auga de A Coruña, un privilexiado entorno, tranquilo e inspirador, con vistas á baía e con todas as comodidades do centro histórico coruñés ao alcance da man, a poucos metros da praza María Pita.

A persoa beneficiaria da Residencia Deleite Literario pasará o próximo mes de xullo a salvo de distraccións e obrigas cotiás para poder dar o impulso definitivo á súa novela, bosquexar a súa peza dramática ou estruturar un novo poemario, ao tempo que se abeira á rica vida cultural coruñesa. Terá cceso ilimitado ás bibliotecas da cidade, entradas para os seus museos científicos e a organización dun acto arredor da súa obra completarán esta oportunidade-

As candidaturas deberán presentarse ata o 15 de xuño de 2025, ás 22:00h no correo electrónico 1863coruna@gmail.com. O autor ou autora (con ao menos un libro publicado en galego) deberá presentar unha memoria de proxecto, biobibliografía, carta de motivación e mostra de traballos anteriores capaces de convencer a un xurado experto. As bases da convocatoria estarán dispoñibles nas páxinas web de Deleite e Residencia Literaria 1863.

REVISTA XUNHO

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado atopala en moitos dos saraos vigueses.