A Póla, cultura e tardeo

Situado nun dos balcóns máis emblemáticos da cidade, o Paseo de Afonso XII, A Póla converteuse nun espazo de referencia para o tardeo vigués. O local, rexentado por Iván Puga desde hai ano e medio, combina unha ampla terraza con vistas á ría e programación cultural.

A Póla é un clásico vigués das quedadas a última hora da tarde. A ampla terraza nun dos mellores miradoiros urbanos da cidade, o Paseo de Afonso, é o seu principal atractivo. Pero o local tamén funciona como escaparte de arte local, programando exposicións e concertos regularmente. Neste momento, o fotógrafo vigués Jorge Lens expón unha serie titulada Me llaman calle, que se inaugurou o pasado mes con dezasete concertos de artistas de rúa. «Esta queda na casa», di sorrinte Iván, sinalando unha das fotografías, tomada no barrio do Calvario e gañadora do Premio Internacional de Fotografía E CA. «O apartado cultural non sempre dá cartos, pero interésame moito máis que poñer cubalibres», explica o hostaleiro. Ademais, A Póla involúcrase no mecenado de grupos emerxentes de Vigo ofrecendo apoio económico para a gravación e promoción da súa música, así como facilitando o espazo para as súas actuacións.

A pesar dos desafíos que implica a obtención de permisos municipais, Iván persiste a súa motivación en promover propostas orixinais que visibilicen o talento local, pois considera que son vitais para rehabilitar unha zona que aínda a día de hoxe está saíndo da marxinalidade. Afianzar as relacións entre hostaleiros e tendeiros da zona tamén é un dos seus propósitos, desde que se fixo coas rendas da Póla hai ano e medio.

FAITE AMOVIDALOVER

O bar pon o foco no tardeo, un concepto que, segundo Puga, non está plenamente consolidado en Vigo. Abre as súas portas ás 16:10 horas, en homenaxe ao poema de Aute, e no interior do establecemento conta cunha colección de reloxos parados a esa hora. Queren ser o lugar de referencia para os que prefiren non retirarse á casa despois dun xantar, propiciando que as sobremesas se solapen coas copas de última hora da tarde. A terraza da Póla é un elemento distintivo do local e un dos seus principais atractivos. O Paseo de Afonso XII é punto de reunión para quen busca un lugar en pleno centro desde o que gozar das vistas á ría e o solpor, e a Póla de Iván é o local axeitado para deleitarse co final do día con boa música e algo fresquiño na man.

Paseo de Afonso XII, 7 | @a_pola_de_ivan

*Contido patrocinado

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado atopala en moitos dos saraos vigueses.