CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

A música electrónica de Dorian fará saltar ao Auditorio de Castrelos

Este venres Vigo vivirá unha das xornadas musicais máis independentes cunha mestura de electrónica, pop, rock indie e psicodelia. Os mexicanos Zoé quentarán o ambiente no auditorio (22.30) para dar paso aos barceloneses Dorian.

Despois do cheo absoluto do Auditorio de Castrelos o luns pasado con Maná, hoxe é o quenda de dous grupos con estilos máis diferenciados á banda de Fher. O reto é complicado posto que ateigar o parque non é tarefa doada. Sen embargo, non cabe dúbida de que para aqueles que aman a música máis independente e con sons que se afastan do comercial, quizais esta sexa unha das citas favoritas do programa de festas de Vigo.

CAMELIAS NADAL

Dorian é unha banda electro-indie que, desde a máis rigorosa independencia, logrou ser unha referencia da actual escena musical española. Os expertos din que as claves do seu éxito están no son tan persoal que profesan, a cabalo entre a “new wave” e a electrónica.

O grupo fundouse en 2002 da man Marc Gili (compositor e letrista) que xunto con Belly Hernández (piano, sintetizador e voz), Bart Sanz (baixo), Lisandro Montes (guitarra) e Víctor López (percusión) fixaron un obxectivo común: crear un son que combinara a tradición do pop español coa música electrónica. E a vista está que o conseguiron. Despois de 17 anos de traxectoria e oito álbums no mercado, ninguén dubida do potencial dunha banda que esta noite fará bailar aos vigueses que se acheguen a Castrelos. Segundo din eles mesmos, as cancións de Dorian están feitas para bailar, para deixarse levar polos sentimentos contrapostos, para pasar da melancolía á euforia nun mesmo tema.

Os mexicanos Zoé, que farán de teloneiros, son unha banda amiga coa que comparten xira por España e coa teñen unha colaboración no seu álbum Justicia Universal (2018). De seguro que soarán éxitos como Cualquier otra parte, La Tormenta de Arena ou Los Amigos que perdí pero tamén se intúe algunha que outra sorpresa xa que aseguran que para Vigo prepararon un repertorio moi especial e intenso que seguirá na Sala Mondo, onde Marc pinchará ao longo da madrugada.