RevistaOutubro

A Movida precisa de ti

Detrás deste proxecto non hai institucións nin grandes corporacións, senón un grupo de xente nova coa arela de traballar a prol dunha cidade máis activa. Co número de outubro facemos trece exemplares da revista, namentres que imos camiño dos dous anos en Internet. Pretendemos achegar un medio de comunicación independente e de calidade coa cultura de Vigo como razón de ser.

A nosa principal fonte de financiamento é a publicidade, pero non é dabondo. Queremos facer máis. Precisámolo. Por iso necesitamos a túa axuda. Se queres que o proxecto se consolide e non quede na ilusión perdida dun grupo de mozos vigueses, subscríbete. Por só 24 euros ao ano recibirás a revista na casa a primeiros de cada mes, participando automaticamente en todos os sorteos que fagamos, ademais de promocións exclusivas para ti.

Podes subscribirte entrando nesta ligazón ou poñéndote en contacto a través do mail revista@amovida.gal ou o teléfono 986 04 24 75.

Banner A Movidiña

Apoia o xornalismo independente.

Apoia a cultura en Vigo.

#FaiteAMovidaLover

O equipo

Tamara Novoa
Edición

Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.

LinkedIn pageTwitter pageAuthor page
Pablo Vázquez
Redacción e fotografía
Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É co-director do documental Cuna de Músicos, o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e locais da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo en festivais de cine como o de San Sebastián e Novos Cinemas.
Linkedin PageAuthor PageVimeo
Paula Cermeño de Sáa
Redacción e redes sociais

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.

Rubén González
Deseño e maquetación

Creativo ao cadrado, Rubén González (Vigo, 1982) é Licenciado en Publicidade e Relacións Publicas pola Universidade de Vigo. Leva quince anos entre illustrators e indesigns. Pasou por axencias de publicidade e por editoriais nacionais. Como emprendedor, é un dos responsables de Ultramarinos Deseño Galego -marca que quere reinventar o concepto de souvenir-, actividade que compaxina co seu traballo como publicista freelance. Ah! Tamén é o responsable do deseño da revista A Movida.

Instagram PageTwitter Page
Uxío Couto
Revisión de textos

Uxío é Técnico Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos e Especialista en dobraxe pola Universidade de Vigo, onde cursou o Grao en Estudos de Galego e Español. Actor de dobraxe con máis de dez anos de experiencia, participou en producións tan coñecidas como Astérix: A residencia dos deuses ou Harry Potter e tamén levou a cabo diferentes actividades para produtoras de cinema, radio, televisión e vídeo.
Habitual da Facultade de Filoloxía e Traducción da Universidade de Vigo, formou parte da Área de Normalización Lingüística, e ten colaborado activamente en iniciativas do centro.

LinkedIn Page
Beatriz Barros
Deseño web e fotografía

Licenciada en Comunicación Audiovisual e cun afán de contar historias fixo un máster en guión audiovisual. Os derroteiros da vida a levaron a traballar no mundo da web e no deseño gráfico no que agora dedica case o 100% do seu tempo. Pero sempre sen deixar de lado a súa paixón por contar historias, xa sexa con lapis e papel ou cunha cámara polas rúas do seu querido Vigo.

LinkedIn pageTwiter pageAuthor page
Juan Teixeira
Redacción e fotografía

Juan Teixeira é un fotógrafo documental con sede en Vigo. Cursou estudos de Publicidade e RRPP, pero pronto se decatou de que aquel non era o seu lugar. A través dunha serie de viaxes por Sudamérica e o sueste asiático, observou que a fotografía era unha forma de relacionarse e explorar o mundo dun modo moi persoal, coma un espectador que intenta comprender o que sucede ao seu redor. Desde entón intenta comprender ese mundo que o rodea, centrándose nas persoas e as súas relacións con outras persoas, coa sociedade, a natureza e o tempo e o lugar que a cada unha lles toca vivir.

Website
Estela Gómez
Redacción

Estela naceu no 92 (o ano de Cobi) preto do mar. É filóloga e correctora literaria, cirurxiá de textos, amiga das redes sociais e ten un interese case innato pola moda e a cultura. Estela é aprendiza de todo e especialista en nada, ten incontinencia verbal crónica, e, grazas á mellor das sortes, as palabras danlle de comer.

LinkedIn pageInstagram page
Felipe Carnotto
Fotografía

Desde 2014 Carnotto é fotoxornalista freelance e traballa para diferentes publicacións. O seu traballo publicouse en The Guardian, Der Siegel, Financial Times, Vice Magazine, El País. No 2017, gaña a “Imagem do ano” no prestixioso concurso Estaçao-Imagen de Portugal. No mesmo ano gaña o Galicia en Foco, o premio fotoxornalístico máis antigo de Galicia promovido polo Clube de prensa de Ferrol. O seu traballo sobre os migrantes forma parte dun libro publicado en 2016 baixo o nome A ruta dos refuxiados.

Website
Ernesto Is
Redacción

É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con Fendas e Premio Rafael Dieste con Despois das ondas. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales (El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG (Onde veñen morrer as baleas) e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi (Canciones amarillas para flores tristes). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou Exilio das moscas e Tras Tannhäuser (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté | Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Maruxa Gesto
Redacción

Amante supervivente, o seu ser flutúa nun universo holístico de letras, melodías, cores e formas. Traductora, creadora, construtiva, nai e camiñante da senda do feminismo. Fala do aquí, do agora, do este é o momento, do que se pode construír, da mirada en positivo, do orgullo de ter chegado até aquí. Da maxia dos momentos de liberdade. Do misterios de sermos persoas.

Lourdes Tomé
Redacción

Educadora infantil e educadora certificada pola Asociación Española e Americana de Disciplina Positiva. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar, aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia, como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen gritos e castigos é posible.

Alberte Mera
Redacción
Coa paixón na comunicación, o audiovisual e o deseño, Alberte Mera é consultor de comunicación en Vigo, cidade onde naceu no 87. Despois de licenciarse pola UVigo en Comunicación Audiovisual, ampliou a formación co Máster en Comunicación e Industrias Creativas e co certificado de profesionalidade de Márketing e Comunicación. Ten dirixido varias longametraxes documentais e colabora na organización de iniciativas sociais e culturais.
Linkedin pageInstagram
Arancha Vilas
Redacción
Amante da música e licenciada en Publicidade e Relacións Públicas cun variado currículum en comunicación, máis centrado nos últimos anos na área dixital, Arancha Vilas é unha recomendadora nata e investigadora de historias locais. A iso se dedica nas nosas páxinas. É posible que algunha vez a atopedes cantando nalgún escenario xunto á súa guitarra co alcume de ARiMagritte.
Instagram pageTwitter pageFacebook page
Irene Garrido
Márketing online

Cinto negro en redes sociais especializada no ámbito deportivo e dedicada ao márketing de contidos desde hai máis de 8 anos. Manchega de nacemento, madrileña de adopción e viguesa de corazón, é unha apaixonada do deporte. Traballa como mentora de Social Media para empresas e asociacións do ámbito deportivo e é unha defensora acérrima dos animais.

X