A Movida organiza un evento con The Rapants na Fundación Sales
O próximo martes 7 de xullo ás 20:00 h celebramos con The Rapants un encontro exclusivo na Fundación Sales. A entrada é gratuíta pero as persoas subscritas a A Movida teñen prioridade a hora de realizar a reserva.

Dede A Movida organizamos un encontro coa banda muradá no que falaremos do seu cuarto disco ‘Rapants Club e de como preparan o seu próximo concerto no Auditorio de Castrelos. Será un evento cheo de sorpresas, que terá lugar no precioso xardín da Fundación Sales (Avenida de Europa, 52) a partir das 20:00 h.
Aínda que o evento é gratuíto, para poder acceder é necesario reservar praza. As persoas subscritas a A Movida tiveron prioridade á hora de inscribirse, e agora poñemos a disposición do resto de público as prazas que nos quedan. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse neste seguinte formulario. [ACTUALIZACIÓN: prazas cubertas, para poder acceder ao recinto é imprescindible estar inscrito. Todas as persoas inscritas correctamente recibirán confirmación por correo elctrónico]
Este é o segundo evento que realizamos para Amovidalovers neste 2026. O primeiro foi unha ‘Tertúlia’ con Fillas de Cassandra en La Luthería o pasado mes de abril. Un encontro precioso no que María Soa e Sara Faro compartiron conversa, risos, inquedanzas e ata cancións co público presente. Aquí un breve resumo.
POR QUE FACERSE AMOVIDALOVER?
A Movida é un medio de comunicación independente. Coa túa subscrición estarás axudando a que poidamos seguir facendo xornalismo cultural e en galego na cidade de Vigo. Por só 30,00 € ao mes axudarás a que sigamos traballando por construír unha cidade culturalmente máis activa. Subscríbete aquí.




