A mellor escola

Publirreportaxe

Nestes meses moitos pais e nais teñen a difícil tarefa de buscar a mellor escola para a súa cativada. En realidade, como explica a pedagoga e creadora da plataforma PlayFunLearning, María Couso,«a escola perfecta non existe», e por iso debemos buscar aquela que mellor se adapte ás nosas dinámicas familiares. Engade Couso: «Os mestres varían, o equipo directivo pode mudar na metade da nosa etapa educativa… Malia todo, sempre estamos a tempo de cambiar e buscar outras posibilidades. Hai unha característica do ser humano que é esa inflexibilidade cara ao cambio. Non acabamos de entender que a vida é un cambio constante».

XORNADA XUNTA

A forma máis directa para coñecer un centro educativo é acudir ás xornadas de portas abertas. Neste tipo de visita pódese reparar en aspectos como as dimensións e a disposición das aulas, o equipamento, os traballos que penduran das paredes ou mesmo a orde e a limpeza de cada recanto. As áreas de recreo deberían ser amplas e estar dotadas de zonas verdes e luz natural. Alén do proxecto educativo e a metodoloxía que se siga, un indicador clave da verdadeira filosofía dun colexio é como se abordan os problemas de conduta que se poidan dar; se se impoñen sancións, cómpre saber en que consisten. O máis adecuado é que os principios ideolóxicos do centro educativo coincidan cos da propia familia. Un factor fundamental segundo a pedagoga é «o número de alumnos por aula. Recentes estudos da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) sinalan que o número idóneo estaría arredor dos quince».

O primeiro paso para escoller escola é coñecer todas as que existen na área na que vivimos. Neste buscador da Xunta de Galicia aparecen listados todos os centros educativos dependentes da Consellería de Educación. Premendo sobre cada un deles, accedemos a unha ficha na que se ofrece información relevante como a oferta educativa, o horario ou se dispón de servizos de transporte ou comedor. Servirá para facermos unha primeira criba antes de acudir ás xornadas de portas abertas.

COLEXIO PLURILINGÜE ALBORADA

Enderezo: avenida do Aeroporto, 392 (Candeán)

Horario: das 08:40 h ás 14:00 h

Servizos: aula matinal, comedor, ludoteca e extraescolares

Programa educativo: combina unha educación integral e inclusiva cun enfoque innovador baseado en metodoloxías activas

Outros: o centro promove o desenvolvemento académico, científico e lingüístico do alumnado nun ambiente próximo, familiar e altamente personalizado

Portas abertas: solicitando cita previa por teléfono (986 27 24 32) ou a través do formulario na web colexioalborada.es

+ INFORMACIÓN

COLEXIO DON BOSCO

Enderezo: rúa da Estrada, 5 (Coia)

Horario: de luns a xoves,das 09:00 h ás 12:30 h e das 14:30 h ás 16:30 h; venres das 09:00 h ás 14:00 h

Servizos: servizo de madrugadores, recollida tardía e comedor

Programa educativo: traballo de contidos a través dunha metodoloxía de ambientes

Outros: amploDepartamento de Orientación formado por unha psicóloga e varias mestras especialistas en pedagoxía terapéutica (PT) e en audición e linguaxe

Portas abertas: sábado 7 de febreiro ás 11:00 h e mércores 11 de febreiro ás 17:30 h ou escribindo a dpedagogicavigo@salesianas.org

+ INFORMACIÓN

COLEXIO SAN FERMÍN

Enderezo: Travesía de Vigo, 96 (Teis)
Horario: de 9:00 h a 14:00 h

Servizos: aula madruga gratuíta, comedor e actividades complementarias

Programa educativo: traballo por proxectos con enfoque individualizado

Outros: seccións bilingües; uniforme e libros gratuítos no primeiro curso de Educación Infantil II

Portas abertas: solicitando cita previa por teléfono ou WhatsApp (986 27 21 95) ou por correo electrónico (cpr.sanfermin.vigo@edu.xunta.gal)

+ INFORMACIÓN

COLEXIO MONTESOL

Enderezo: rúa de Salceda de Caselas, 8 (Coia

Horario: de 9:00 h a 14:00 h

Servizos: aula matinal, comedor con cociña propia e actividades extraescolares

Programa educativo: traballo por proxectos, gran protagonismo á educación en valores e medioambiental

Outros: centro próximo e familiar no que o Departamento de Orientación ten un peso fundamental

Portas abertas: solicitando cita previa por teléfono (986 20 85 12) ou inscribíndose a través do formulario en liña da web colexiomontesol.com

+ INFORMACIÓN

COLEXIO SAN JOSÉ CLUNY

Enderezo: rúa do Carballo, 46 (A Salgueira)

Horario: das 09:00 h ás 12:55 h e das 15:00 h ás 17:00 h

Servizos: servizo de madrugadores e comedor con cociña propia

Programa educativo: traballo por proxectos, traballos cooperativos e participación en programas internacionais

Outros: instalacións cunha extensión de máis de 10.000 metros cadrados; potenciación da competencia dixital coas novas tecnoloxías

Portas abertas: solicitando cita previa por WhatsApp (605 49 86 89)

+ INFORMACIÓN