REVISTA VERAN

A manifestación do Orgullo, o Encordass Fiddle Fest e Fillas de Cassandra esta fin de semana en Vigo

Arte, música en directo e eventos solidarios e ao aire libre para despedir xuño aproveitando o bo tempo. Tamén rematan as actividades do Orgullo LGTBI+, cunha manifestación e distintos eventos para celebrar a diversidade. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana na cidade, entra na axenda d’A Movida.

AMOSARTE FEST – Venres e sábado ás 11:00 h no Centro ArteSá – Prezos Variados

O 27 e 28 de xuño, o Centro ArteSá organiza o AmoSárte Fest, un evento artístico que conta cun mercado de arte, charlas, obradoiros e o taller Manos a la obra. O mercado de arte reúne a catorce artistas locais, dándolles visibilidade e convertindo o Centro nun punto de venta artístico para a cidadanía viguesa. O venres, a programación comeza ás 11:00 h e remata ás 20:30 h. O sábado organízase o taller de 11:00 h a 14:00 h.

ENCORDASS FIDDLE FEST – De venres a domingo na Illa de San Simón – Desde 35,00 €

Do 27 ao 29 de xuño, o arquipélago de San Simón convértese no corazón do folk internacional coa celebración de Encordass Fiddle Fest, un dos festivais máis singulares do panorama cultural galego. Este evento, dedicado aos instrumentos de corda, combina concertos, talleres, danza e experiencias inmersivas nunha chamativa contorna natural e histórica. O festival conta tamén cunha xornada introdutoria o xoves 26, cunha actividade de memoria histórica ás 12:00 na Etrad e un concerto inaugural no Museo do Mar de Galicia, ás 19:00 h, con artistas gregos e galegos.

ESPECTÁCULO ‘AVERÍO NO LAGO DOS CHISMES’ – Venres ás 20:00 h na Galería Maraca – Caixa inversa

No marco da celebración do mes do Orgullo LGBTI+, a Galería Maraca acolle Averío no lago dos chismes, un espectáculo de variedades con DJ e xogos populares, a cargo do colectivo Averío. Este último está formado polas artistas drag viguesas Meiga-iPorfiria BurtonNenazaHerpe’s BazaarDisastra Endis Neer.

CINE NA TERRAZA ‘PERFECT DAYS’ E ‘MENUDAS PIEZAS’ – Venres ás 20:30 h e sábado ás 12:00 h no Centro Comercial A Laxe – De balde

No marco da súa programación de verán, o Centro Comercial A Laxe proxecta catro filmes ao aire librede forma gratuíta. Estas proxeccións terán lugar na súa terraza superior, entre o 27 de xuño e o 13 de setembro, e súmanse aos oito concertos que se celebrarán na súa terraza inferior, entre o 3 de xullo e o 28 de agosto. Esta fin de semana, proxéctase o venres ás 20:30 h ‘Perfect Days’ e o sábado ás 12:00 h ‘Menudas piezas’.

FILLAS DE CASSANDRA: SHOWCASE ‘HIBERNARSE’ – Venres ás 21:00 h no MARCO- Con invitación

Dentro da iniciativa Noite no museo co Fnac, o dúo vigués Fillas de Cassandra da a coñecer o seu novo EP, Hibernarse, e o proceso de creación do mesmo, en dúas presentacións exclusivas que terán lugar en Vigo e A Coruña. Concretamente, o showcase de Vigo será o 27 de xuño, ás 21:00 h, no MARCO. Para recibir os convites , precísase reservar o EP nas tendas Fnac de vigo, dispoñibles ata o venres.

CONCERTO ÁLEX CASSEN- Venres ás 22:30 h na Sala Kominsky – De balde

No marco da súa primeira xira, a Sala Kominsky acolle un concerto de Álex Cassen. No mesmo, o artista vigués interpretará as cancións do seu primeiro EP, Las cartas sobre la mesa, no que pretende pechar distintos capítulos da súa vida que non tiveron un final, chegando a unha conclusión sobre as relacións persoais. O EP ten reminiscencias de xéneros como o pop, reguetón, dance, hardcore ou techno, coa electrónica como fío condutor.

PETARDBINGO SOLIDARIO (EDICIÓN ORGULLO) – Sábado ás 12:00 h na Praza do Abanico

Na Praza do Abanico, a partir das 12:00 h, celébrase unha sesión vermú con música, comida, bebida e moitas sorpresas. Ás 12:30 h comeza a nova edición do ‘PetardBingo Solidario Pride Edition’. O evento é organizado por PetardPop e a Asociación cultural do Barrio Alto do Casco Vello de Vigo. Coa venta de cartóns, recadan fondos para a Fundación Alaine, unha entidade sen ánimo de lucro cuxo obxectivo principal é o de atender as necesidades dos menores e dos mozos desfavorecidos.

ENCONTRO ‘CALDO’- Sábado de 12:00 h a 23:00 h na Praza da rúa Ronda de Don Bosco – De balde

Este sábado celébrase na Praza da rúa da Ronda de Don Bosco unha nova edición de ‘CALDO‘, un encontro creativo en colaboración cos locais de restauración da zona e o apoio de Niño Corvo, Hotel Atlántico e Casaplanta Vigo. Trátase dun evento aberto a todos os públicos, con espazo de mercado, exposición e concertos das bandas The Swinging Flamingos, Cuarto de Tula, Michu da Rocha e Tacón Gitano.

MANIFESTACIÓN ORGULLO CRÍTICO – Sábado ás 20:00 h na Dobrada – De balde

O sábado péchase a programación de máis de vinte actividades reivindicativas, organizadas pola Asociación Nós Mesmas e Avante LGBT+ Vigo, para celebrar o Orgullo Crítico LGTBI+. Clausúrase o mes de xuño coa tradicional manifestación para reclamar os dereitos do colectivo. Non obstante, ademais da marcha con pancartas, tamén hai espazo para a celebración e a festa. A festa pre-mani celébrase na Porta do Sol ás 17:30 h do sábado; e a ‘Festa Diversa 2025’, último evento da programación, celébrase no mesmo lugar ás 22:00 h.

CONCERTO GABRIEL MCKENZIE- Domingo ás 21:30 h en A Casa de Arriba – 8,00 €

RIO VERBENA

Unha mestura do máis puro Blues do Mississippi e a rabia do Hard Rock dos 70. A Casa de Arriba acolle o domingo o concerto de Gabriel McKenzie: compositor, guirarrista, cantante e músico de sesión de Vigo.