A maior feira vegana de Galicia, Santiago Auserón e Ángel Martín esta fin de semana en Vigo
A axenda para estes días en Vigo está apretada para todos os gustos musicais, con concertos de rock punk, dance house e música clásica. O gusto culinario tamén fai presencia co comezo do concurso de tapas Petisquiño e a feira Vegana.gal. O teatro cunha reinterpretación de O libro da selva e os Green Walk Awards acompañan a reivindicaición pola sostibilidade nestas xornadas.

Feria VEGANA.GAL – De sábado 25 a domingo 26 no IFEVI – Desde 5,10 € (gratuita para menores de 12)
A feira de produtos e divulgación sobre o veganismo e o planeta celebra unha cuarta edición no IFEVI esta fin de semana cunha axenda cargada de faladoiros e actividades para todo tipo de públicos, ademais de demostracións e catas gastronómicas. Neste artigo repasaremos a ampla oferta cultural deste encontro, cos distintos prezos e horarios. Destacan os obradoiros e o bingo solidario, que cun prezo a maiores, buscan recadar fondos para as asociacións colaboradoras.
Ángel Martín chega a Vigo co seu novo espectáculo Somos monos. Con humor e sorna o monologuista fala nesta xira da maneira en que internet e o mundo actual nos demostra como podemos reducir a capacidade cerebral a morrer en barrancos por un selfie ou buscar un tutorial para fritir un ovo. Martín quere reflexionar e rir para axudar á xente a reactivar o motor do cerebro antes de que nos demos conta de que somos monos.

O grupo de teatro da Sala Ártika estrea esta fin de semana unha reinterpretación contemporánea do clásico de Kipling, para toda a familia. Un elenco de cinco actores e música orixinal en galego presenta unha versión da selva moderna, a cidade, na que Mowgli é unha nena criada entre os animais (punkies, rapeiros e heavys) que teñen moito que dicir sobre o mundo actual. Unha experiencia musical e visual para redescubrir a selva de asfalto con enerxía, humor e emocións.
Magosto da asociación As da industria– Venres 24 ás 17:30h na Praza da Industria – De balde
Esta asociación cultural e veciñal leva dende o ano 2017 artellando barrio na zona da Industria, e este venres aproveitan para celebrar o magosto cunha feira na que haberá un obradoiro de regueifa dinamizado polas regueifeiras e poetas Branca Trigo e Silvia Villar, ademais dun concerto de de Antón Ke e o seu “Ukelele de Batea”. A asociación aposta por este tipo de eventos para combatir a realidade cada vez máis individualizada e segregada por idades, creando espazos públicoas para o disfrute de todos no barrio.
Ruxe Ruxe + Noite Atari + Marela – Sábado 25 ás 20:00h na Sala Kominsky – Desde 10,00 €
Ourensanos, picheleiros e pontevedreses comparten espazo na Kominsky para ofrecer unha noite cargada de ritmo punk e ruido. Os Ruxe Ruxe como sempre traen enerxías de sobra para unha velada de movemento, pero é moi especial velos xunto a bandas colegas máis novas. Noite Atari fai referencia á mítica consola, usa sons propios dos 90 con enerxía e velocidade, pero sen olvidar o sentido do humor. Por outra banda, Marela mestura estilos e ritmos que aportan os distintos compoñentes da banda para dar unha música diversa, pero sempreco espírito punk.
XI Petisquiño – Do venres 24 ata o domingo 9 de novembro por toda a cidade – 4,00 € por tapa
O concurso de tapas nacional comeza a selección do representante da provincia de Pontevedra. Desde o venres 24 de outubro e durante dúas semanas, numerosos locais da cidade ofrecerán distintos pinchos e tapas para que a xente e un xurado experto poidan votar polo mellor, que competirá logo a nivel nacional.
Beethoven en do menor – Venres 24 ás 20:30h no Teatro Afundación – 6,00 €
A Orquestra Clásica de Vigo comeza a temporada de concertos dos grandes da música cun cumio do repertorio de Ludwig Van Beethoven. Aínda que non fora o que máis obras produciu, o seu repertorio é amplamente coñecido. Neste caso a composición viguesa interpretará o Concerto para piano no 3 en do menor, Op. 37, unha obra fondamente persoal e intensa; e rematarán coa emblemática Sinfonía no 5 en do menor, Op. 67, das máis recoñecidas só por esas catro notas do principio que moitos interpretan como o destino chamando á porta.

O que fora vocalista de Radio Futura está de xira cun novo proxecto en directo no que reelabora algúns dos mellores temas da súa traxetoria. O estilo innovador do músico e a inquedanza por mesturar estilos levan a un espectaculo no que converxen rhythm & blues, o jazz, o rock e o soul.
Green Walk Awards Edición IV – Sábado 25 ás 18:00h no Centro Comercial Vialia – De balde
O desfile que se celebra en varios puntos da península cada ano, terá nesta cuarta edición un oco en Vigo. Esta iniciativa busca promocionar e crear movemento no panorama da moda ecofriendly, creando oportunidades para novos e novas deseñadoras de toda España. O desfile é aberto e gratuito para todo o mundo.
MECHA Vol. 7- Sábado 25 ás 22:00h na Iguana Club – Desde 10,20 €
Sétima edición da festa do house en Vigo na que os groovy beats convidan a todos a mover o corpo nunha xornada nocturna no corazón de Churruca. O bailarín NEW estará acompañado da escola Caixa de Ritmos abrindo a noite cunha sesión didáctica. A festa contará coa música de DJs como NU.EVA, NEHO, VIDAL e SOFIESTAS.



