A Laxe enche o Nadal de plans para grandes e pequenos
O centro comercial A Laxe volve converterse nun dos espazos de celebración do Nadal en Vigo, integrándose un ano máis no percorrido festivo da cidade cunha proposta que combina decoración especial, experiencias familiares, espectáculos e obradoiros para adultos.

A Laxe reforza o seu papel como punto de encontro e desfrute, apostando por actividades culturais, obradoiros creativos e propostas pensadas para familias, visitantes e veciñanza que buscan vivir estas datas dun xeito próximo e participativo. Todas as actividades son de balde.
19 decembro – Cherry Christmas (espectáculo)
19:00 h
20 decembro – Elfos en prácticas (teatro creativo)
18:00 h
22 decembro – Mamá Noel contacontos
17:00, 18:00 e 19:00 h
23 decembro – Papá Noel + Elfa
11:30 – 13:30 h e 18:00 – 21:00 h
(Hora silenciosa: 11:30 – 12:30 h)
24 decembro – Papá Noel + Elfa
11:30 – 13:30 h
26 decembro – Obradoiro “Arte a golpes de píxel”
17:00 – 20:00 h
27 decembro – Espectáculo “Cantando con Pinocho”
18:00 h – Obradoiro para adultos
29 decembro – Obradoiro “Centros Navideños”
18:00 h – Obradoiro para adultos (inscrición previa)
30 decembro – Obradoiro “Decora o teu bastidor”
18:00 h – Obradoiro para adultos (inscrición previa)
2 xaneiro – Espectáculo “A Viaxe de Nadal”
18:00 h
Un show cheo de fantasía para comezar o ano con ilusión.
2 xaneiro – Obradoiro “Sombras Chinas”
18:45 h
Unha actividade creativa para deixar voar a imaxinación.
3 xaneiro – Obradoiro “Adornos Navideños”
17:00 – 20:00 h
4 xaneiro – Reis Magos
11:30 – 13:30 h e 18:00 – 21:00 h
(Hora silenciosa: 11:30 – 12:30 h)
A tarde perfecta para entregar a carta e vivir a maxia antes da noite máis agardada.
5 xaneiro – Reis Magos
11:30 – 13:30 h
Último día para saudarlles antes de que emprendan o seu camiño.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A túa opinión importa: participa na enquisa de A Movida - 18 Xaneiro, 2026
- Los Secretos, Pequeártiko e Millán Salcedo esta fin de semana en Vigo - 24 Decembro, 2025
- ‘Iribarne’ e o limbo cultural de Vigo: por que a xira de despedida non pasa pola cidade - 22 Decembro, 2025
- Búscanse cineastas frikis para a décima edición do GFFF - 19 Decembro, 2025
- A Laxe enche o Nadal de plans para grandes e pequenos - 17 Decembro, 2025


