A Feira Vegana.gal fai unha pausa en 2026
A organización da Feira Vegana.gal comunica que en 2026 non se celebrará unha nova edición do evento. Tras varios anos de traballo intenso e compromiso coa promoción do veganismo e da sustentabilidade, o equipo decidiu tomarse un ano de pausa para revisar as condicións que permitan garantir a continuidade e sustentabilidade do proxecto a longo prazo.

“A decisión non foi fácil, pero é necesaria”, sinalan Rebeca Bande, Tamara Alonso e Ana Gontad nun comunicado enviado a medios e publicado nas súas redes sociais esta mañá. As organizadoras apuntan ao alto custe de organización da feira como un dos desencadeantes desta decisición. O alugueiro do IFEVI, que califican de “desmesurado”, a montaxe das casetas, o mobiliario, a seguridade e a limpeza, os seguros de responsabilidade civil, os plans de prevención de riscos e autoevacuación, os custos da luz e da auga, os desprazamentos e aloxamentos, así como toda a loxística necesaria para que a feira funcionase fan que a. “Necesitamos que o traballo sexa tamén sostible para quen impulsamos a feira”. Durante todos estes anos, a organización sostivo o evento con dedicación,e de forma desinteresada, algo que hoxe consideran imprescindible revisar para garantir condicións de traballo xustas.
Vegana.gal naceu en Vigo en 2021 da man de tres mulleres comprometidas co antiespecismo que querían dar espazo a produtos sen ingredientes d orixe animal e aflutinar á comunidade vegana nun gran evento. Celebraron catro edicións en Vigo e unha, a de 2023, en Madrid. En 2025 a feira volveu ser a maior dedicada ao veganismo na península e atraeu a máis de 5.000 persoas ata o IFEVI. Reuniu máis de 80 expositoras de Galicia, Portugal e diferentes puntos do Estado, cun intenso programa de actividades, charlas e demostracións culinarias que consolidaron Vegana.gal como un escaparate de produtos e proxectos éticos do máis variado.












As organizadoras aseguran que se trata dun parón e non dunha despedida definitiva. “O futuro da Feira Vegana.gal queda aberto”, explican, xa que o parón desea ausencia de feira este ano non responde a “falta de sentido, impacto ou público, senón porque un proxecto así necesita un compromiso firme por parte das institucións”. Tamén aseguran ter a mirada posta na edición de 2027 para a que procuran empresas privadas, administracións públicas e asociacións que “queiran asumir o reto de facela posible”. Tamé afirman estar explorando outras posibles localizacións que axuden á posta en valor do proxecto.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A forza do delicado: as xoias de vidro de Toda Frágil - 11 Marzo, 2026
- O Celta busca a camiseta que Madonna vestiu no concerto en Vigo de 1990 - 4 Marzo, 2026
- Dolores Ribaldo, a nova libraría alternativa de Vigo - 4 Marzo, 2026
- Guía completa de actividades para conmemorar o 8M en Vigo - 3 Marzo, 2026
- Artistas que rompen fronteiras - 25 Febreiro, 2026

