CASAACUNHA

A directora Manane Rodríguez, premio Pedigree do Festival de Cans

O Festival de Cans recoñece nesta nova edición o traballo de Manane Rodríguez, “unha directora comprometida, valente e de irrenunciable compromiso feminista”. Os chimpíns de prata van para á súa coordinadora médica, a enfermeira  de Cans Merchi Sánchez, á actriz Mariana Fernández, e aos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco.

Banner A Movidiña

A asamblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certamen o Premio Pedigree, á directora Manane Rodríguez. A directora uruguaio-galego é unha das galardonadas na XVII edición de Cans que se celebrará do 2 ao 5 de setembro. Como cada ano tamén se otorgorán os chimpíns de prata, a distinción que o certame otorga ás persoas que destacan por promover a visilibidade do festival e pola súa colaboración co evento. Nesta edición os Chimpíns de Prata Pepe Puime irán para a actriz e profesora Mariana Fernández e para a coordinadora médica do Festival de Cans Merchi Sánchez. A relación de distincións completarase co Chimpín de Prata Divina Campos, para os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco.

O Festival de Cans valorou especialmente o logro de Manane Rodríguez de sacar adiante catro películas de ficción, un fito inédito en Galicia para unha directora muller, e un número aínda inalcanzable para a maioría das mulleres cineastas en España.  A asemblea da Asociación Arela valora así mesmo “a traxectoria desta cineasta comprometida e valente , cunha obra caracterizada polo rescate da memoria e cun irrenunciable compromiso feminista tamén como activista da asociación CIMA de mulleres realizadoras,  premiando un cine honesto e necesario”. Coma directora, Rodríguez asinou cintas coma  “Retrato de una mujer con hombre al fondo”, “Los pasos perdidos”, ou a galego-uruguaia “Migas de Pan” (2016), que logrou representar ao país sudamericano nos Oscar.

Este ano o aforo a Cans estará moito máis limitado e será necesario ter entrada para poder acceder á entrega de premios así como para todas as proxeccións e o resto de actividades oeganizadas dentro do festival. Xa están á venda 200 entradas matinais on dereito ó coloquio con Oliver Laxe e outras 200 de tarde, con acceso á actuación de Hendrick Rover y los Míticos GTS.  Non sairán a venda mais entradas que estas para as curtas a concurso. Se sobra algunha, despois venderían individualmente.