CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

A cociñar: Hummus e crema de anacardio con kombucha

A kombucha é unha bebida milenaria con base de té verde e fermentada de forma natural. Rico en antioxidantes, encimas e probióticos, este superalimento mellora a dixestión, fortalece o sistema inmunitario e contribúe á desintoxicación do corpo. Casa Grande de Xanceda ofrece Kombuxa, unha kombucha feita en Galicia elaborada con ingredientes ecolóxicos de alta calidade e sabores naturais. Velaquí un par de receitas elaboradas coa Kombuxa de Casa Grande de Xanceda, que se poden acompañar de galletas salgadas, pans variados ou vexeitais para obter un exquisito menú estival.

Hummus

Ingredientes

  • Aceite de oliva virxe extra (2 culleradas)
  • Allo (2 dentes)
  • Comiño (1/2 culleriña)
  • Garavanzos cocidos (400 gramos)
  • Kombucha (1/4 de vaso)
  • Pementa (a gusto)
  • Sal (a gusto)
  • Tahini (3 culleradas)
  • Zume de limón (1 cullerada)

Elaboración

Botamos os garavanzos nun cunco cun pouco da auga, engadimos os dous dentes de allo e mesturamos todo cun batedor. Botamos a kombucha aos poucos namentres que imos batendo o puré co resto dos ingredientes ata obter unha textura cremosa para un delicioso hummus. Se engadimos un aguacate aos ingredientes, o resultado será un hummus verde. Recomendamos para esta receita a Kombuxa ecolóxica Xan Lemmon, unha banda de cítricos moi refrescante.

Crema de anacardio

Ingredientes

  • Aceite de oliva virxe extra (1 cullerada)
  • Anacardios (150 gramos)
  • Kombucha (70 mililitros)
  • Lévedo nutricional (1 cullerada)
  • Sal (½ culleradiña)
  • Zume de medio limón

Elaboración

Botamos todos os ingredientes nun recipiente cóncavo, mesturámolos cun batedor, e imos axustando a consistencia con auga ou máis kombucha ata conseguir unha textura suave. Por último, vertemos a mestura nun molde e e deixámola no frigorífico durante catro horas para obter unha crema perfecta para mollar. Recomendamos para esta receita a Kombuxa ecolóxica Maxical Berries, un conxuro de froitos vermellos e hibisco.

Casa Grande de Xanceda

SONRIAS

Situada no concello de Mesía, na comarca de Ordes, a granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda acolle máis de 300 vacas que pastan e pasean a diario e libremente por 200 hectáreas de prados e bosques autóctonos. Co leite das reses, esta empresa familiar elabora unha gran variedade de produtos ricos e saudables: iogures, manteiga, quefir, queixos ou xeados. Na horta cultívanse as froitas e hortalizas que dan sabor ás creacións da Casa Grande. Ao longo do ano, a granxa acolle visitas de escolas e particulares, que se poden reservar a través da web, para vivir en primeira persoa o carácter ecolóxico de Xanceda.