REVISTA ABRIL

A Casa Galega da Cultura acolle unha mostra sobre Francisco Fernández del Riego

Arrancan os actos arredor da figura de Francisco Fernández del Riego, homanexeado este ano nas Letras Galegas. A Fundación Penzol, da que foi fundador, inaugurou na Casa Galega da Cultura unha exposición sobre a súa vida e obras máis importantes que se pode visitar ata o 17 de decembro. (Texto e fotos: Iria Barciela)

Desde o 16 de febreiro ata o 17 de decembro a Casa Galega da Cultura acolle no seu vestíbulo unha exposición sobre Francisco Fernández del Riego, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas. Trátase do inicio dunha serie de eventos para conmemorar a súa figura.

A exposición conta con paneis fotobiográficos a través dos cales se pode ver a traxectoria dunha persoa fundamental na historia da cultura galega. Ao carón, atópanse dúas vitrinas con algunhas das obras máis relevantes e outros libros que tratan a biografía do autor. No seu conxunto forman unha presentación da historia dun personaxe clave na nosa historia.

REVISTA ABRIL

Xose Manuel Soutullo (director da Fundación Penzol) presentou a Del Riego como loitador e obreiro, loitador pola idea de galicia e obreiro do galeguismo. Pois algunhas das contribucións fundamentais que tivo cara a nosa cultura foron, por exemplo, a fundación da Revista Grial, a fundación do buque Editorial Galaxia co que tanto soñaba e a creación da Fundación Penzol, da que foi director ata pouco antes do seu falecemento. Victor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, o recorda como “músculo e pulmón da cultura galega”, xa que non faltaba a ningún evento relacionado. Cabe destacar a relevancia que tivo para a celebración do Día das Letras Galegas, pois foi Francisco Fernández del Riego xunto a Xesús Ferro Couselo e Manuel Gómez Román, quenes presentaron á Real Academia Galega (da que formaban parte) a idea de marcar o 17 de maio como día da celebración da cultura galega.

A localización da exposición débese á estreita realción que tiña co espazo. Malores Villanueva, secreatria da Fundación Penzol, e Manuel Puga, presidente, reacordaron durante a inauguración o importante que foi Del Riego para Vigo e para a Casa da Cultura Galega. Tres veces á semana visitaba este lugar mentres a saúde llo permitiu. Alí se atopan as pinturas, arquivos e libros, que en 1995 doou “ao povo de Vigo”, xunto á biblioteca e o arquivo da Fundación Penzol.

Tamén a súa familia estivo presente na inauguración con palabras emotivas, recordando o familiar que era Francisco Fernández del Riego, ou como lle chamou o seu sobriño Ramón Martínez, o Tío Paco.