A banda americana Cracker confirmada para o festival Underfest

O grupo Cracker únese á programación do do festival Underfest Xacobeo 2025, xunto a nomes como os míticos The Psychedelic Furs e os galeses The Tubs. Esta nova incorporación ao cartel actuará o 23 de novembro na sala Masterclub, no marco da súa nova xira por España e oito anos despois do seu último concerto en Vigo.

Con 30 anos de traxectoria musical ás súas costas, David Lowery e Johnny Hickman lideran un grupo con estilo propio, consolidado como un dos referentes do rock estadounidense, mesturando a forza característica da agrupación con certa ironía e sensibilidade. Entre o seu extenso repertorio, atópanse clásicos como Teen Angst (What the World Needs Now, Low ou Euri-Trash Girl, ademais de álbumes memorables como Kerosene Hat (1993) ou Berkeley to Bakersfield (2014).

BARAFUNDA
ESCENICAS

Máis aló dos seus éxitos, Cracker conta cunha ampla comunidade internacional de seguidores, conseguida grazas ao seu directo de calidade e a súa evolución co paso do tempo.

Tras sete exitosas entregas con todas as entradas vendidas, o Underfest consolídase como un dos proxectos musicais máis destacados da cidade olívica. Ao longo dos anos, reuníu máis de 120 artistas, entre os cales se atopan figuras internacionais como Paul Weller, Richard Hawley, Slowdive ou Benjamin Clementine, entre outros. O ano pasado o festival foi galardoado co premio a ‘Best Indoor Festival’ nos Iberian Festival Awards, que recoñecen aos mellores festivais de España e Portugal.

Este ano, o Underfest continúa apostando por unha programación variada e de calidade, escapando dos carteis redundantes, e reunindo persoas procedentes tanto de Galicia e España, como de outros países. O primeiro tramo de abonos xerais xa se esgotaron antes de coñecer os artistas que actuarán, probando a forza do proxecto. Próximamente anunciarase a venda dun novo tramo de entradas.