A arte de sentirse ben
Sofía Vázquez
Zentangle é un método de debuxo creado en 2004 por Rick Roberts e María Thomas que se realiza a través da repetición de certos patróns xeométricos e lineais. Sofía Vázquez descubriu hai oito anos esta disciplina, da que agora é a única mestra certificada na cidade para ofrecer clases. Os beneficios van máis aló da satisfacción creativa, pois segundo ela é unha forma de terapia que non precisa de coñecementos previos: «Busca o crecemento persoal, a autoestima e a diversión; é debuxo meditativo», sintetiza. Tamén incide na importancia de dedicarlle cada día un tempo a relaxarse e descubrir o artista interior dunha maneira espontánea. Actualmente realiza estes cursos no espazo de Bamboo Art Studio & Coworking (rúa do Paraguai, 12) e clases privadas a domicilio, ideais para agasallar.
Sofía Vázquez | 666 51 18 20 | sofiavazquezarte@gmail.com | Facebook: @sofiavazquezart | Instagram: @sofiavazquezart
Taller Arterial
Metade galega, metade mexicana, a artista Patricia Fornos abriu hai ben pouco un obradoiro no que realiza creacións (que son moi apreciadas no mercado estadounidense) e ofrece cursos de creación de amigurumi (bonequiños de la) e bordado contemporáneo, e outros que están por vir relacionados coa creatividade, tanto para pequenos como para adultos, ou de bordado mexicano. «Quero que as miñas clases sexan unha vía de escape nas que poidas aprender, pero tamén relaxarte», comenta. Neste espazo tamén atopamos diferentes produtos da súa colleita, como cuncas, calcetíns ou camisetas con motivos relacionados coa mitoloxía galega.
Taller Arterial | Rúa de Pi i Margall, 86, baixo, 1 | 613 01 94 08 | patriciafornos@gmail.com | IG: @taller_arterial | FB: @patriciafornosillustrator
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Dez anos do Desafío Boot Camp, a carreira de obstáculos máis emblemática do noroeste peninsular - 13 Setembro, 2024
- Nin Batman quere perderse o 40º aniversario da Orquestra Clásica de Vigo - 10 Setembro, 2024
- Beiramar de fondo: o pasado industrial de Vigo sae á superficie - 29 Agosto, 2024
- 12 festivais para pechar o verán e comezar o outono - 29 Agosto, 2024
- Pantomima Full, La Ruina, Héctor Alterio ou Cayetana Guillén-Cuervo visitan este outono o Teatro García Barbón - 21 Agosto, 2024