A 9ª edición do GFFF estrea un Roteiro Gastronómico Freak

O Galician Freaky Film Festival da a coñecer unha das novidades da súa novena edición, a celebración dun Roteiro Gastronómico Freak. Deste xeito, o festival suma a gastronomía á ampla programación de actividades, incrementando a súa singularidade.

O Roteiro Gastronómico Freak é unha ruta de tapas que pretende levar o frikismo do festival á rúa e ós bares de Vigo. Entre os días 18 e 26 de setembro, cinco restaurantes da cidade olívica ofrecerán unha Tapa Fantástica, creada especialmente para a ocasión:

  • La Revoltosa (Rúa Cruz Branca, 5) | Revolto de miolos
  • El Estribo (Rúa do Ecuador, 38) | Croquetas Aracnobaby
  • Mocca (Rúa de Nicaragua, 23) | Merlina’s Hot Dog
  • El Bar (Rúa do Doutor Cadaval, 11) | Gilda Vudú
  • Lume de Carozo (Rúa Joaquín Yáñez, 5) | Pambazito do Inframundo

O público poderá degustar, votar e decidir cal será a tapa gañadora do Olimpo Gastronómico dos Freaks 2025. Ademais, entre os participantes, sortearanse entradas para a clausura do GFFF e unha cea para dúas persoas nalgún dos restaurantes mencionados.

As entradas para o GFFF poden mercarse premendo AQUÍ. O resumo da súa programación completa é o seguinte: