Coidar de nós… e dos nosos: Centro Raíces e Kenguru
Dentro desta espiral de produtividade, responsabilidades e quefaceres varios na que as veces estamos sumidos, é importante sacar tempo para cuidar de nós mesmos e dos que nos rodean. Traemos dúas propostas para gozar dese tempo de calidade en soidade ou en compañía: Centro Raíces e Kenguru.
Centro Raíces: unha conexión co interior
Contando cunha grande experiencia como monitora de taichí en diferentes centros, Ángeles Cristóbal decidiu abrir o seu propio local en setembro de 2022. Alén das clases, o Centro Raíces alberga outras disciplinas afíns que teñan nos exercicios de movemento consciente a característica principal. «Son disciplinas que traballan o estado interior a través do movemento exterior», explica a mestra. Así, atopamos clases regulares de taichí, Chi Kung, meditación, masaxe Shiatsu e ioga (nas variantes Hatha e Kundalini), e consultas baixo cita previa de reflexoloxía ou terapia craniosacral biodinámica. Todo o equipo que forma Raíces está formado por mulleres. Outro dos puntos destacables é a posibilidade de alugar este espazo para realizar charlas, obradoiros ou terapias. Situadas na zona de Bouzas, as instalacións apóianse nos principios do Feng Shui, que se serven de mobiliario mobiliario sinxelo e desprazable, chan de madeira e aproveitan a luz natural que entra polas fiestras desde a primeira hora da mañá.
Rúa de Tomás A. Alonso, 162, 2.º of. 7 | 886 30 50 67 | @tucentroraices | tucentroraices.com | tucentroraices@gmail.com
Kenguru: un espazo para a familia
Hai ano e medio que Nacho e Milla Carballido se converteron en pais, e foi entón cando botaron en falta un espazo que aglutinase diferentes tipos de actividades para meniños, proxenitores ou mesmo mulleres embarazadas. Puxéronse mans á obra e crearon Kenguru, que desde o pasado mes de outubro ofrece diversas actividades, obradoiros e cursos desde o concello de Mos. «Eliximos este lugar porque é moi accesible desde Vigo, Tui, Redondela, Ponteareas ou O Porriño», asegura Milla, malagueña de orixe finés. Están a habilitar unha nave (que confían abrir en poucos meses) na mesma avenida en que teñen a sucursal actual, que contará con piscina, spa para bebés, sala de xogo libre para familias e moito espazo para realizar todo tipo de actividades para nenos e maiores: baile, charlas formativas, inglés para cantar e xogar, ioga, música, pilates, psicomotricidade… «Pensamos que é moi importante que os adultos pasemos tempo cos nosos nenos, lonxe das pantallas, e que durante as clases se fagan as actividades xuntos», engade a emprendedora.
Avenida do Rebullón, 22 (Mos) | hola@kenguru.es | 698 12 70 66 | kenguru.es | @kenguru_espaciofamiliar
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024