CAMELIAS MASCOTAS

Vigocultura propón 27 espectáculos de teatro, circo e danza para comezar o 2024

Un monólogo de Touriñán, os últimos espectáculos das compañías galegas Chévere e Sarabela, ou o ilusionista Pedro Volta estarán no auditorio Municipal no primeiro semestre de 2024.

O goberno municipal vén de resolver a programación cultural de Vigocultura para o vindeiro semestre de 2024. Inclúe 27 actuacións, que se celebrarán entre o 3 de febreiro e o 28 de abril. Haberá 17 obras para adultos, 9 representacións para nenos e 1 para todos os públicos. Como é habitual na programación do Concello, os espectáculos abranguen diferentes disciplinas: teatro de rúa, actuacións musicais, monólogos, comedias, teatro sensorial para bebés, marionetas, danza, maxia, teatro comedia de máscara e circo, entre outras. Participarán compañías galegas e nacionais, tanto emerxentes como cunha ampla experiencia.

A rúa do Príncipe será o escenario da actuacións ao aire libre coa que arranca a programación o 3 de febreiro e o Auditorio Municipal acollerá todas as demais.

Programación:

▪ Sábado 3 de febreiro. Sarao Producións: O Bosque Vivinte. Teatro de rúa

▪ Venres 9 de febreiro. Basilio Martí: Transylvania Suite. Música

▪ Sábado 10 de febreiro. Amorodio Teatro: A nai. Teatro comedia

▪ Domingo 11 de febreiro. Markeliñe: Mamut. Teatro xestual

▪ Venres 16 de febreiro: Ainé Produccións: “Aquí tou”, Monólogo de Xosé Antonio Touriñán

▪ Sábado 17 de febreiro. Contraproducións S.L.: “Apaga o candil”. Teatro comedia

▪ Domingo 18 de febreiro. Trémola Teatro: “Brilla, brilla”. Teatro para bebés

▪ Venres 23 de febreiro. Ilusionista Pedro Volta: “Ilusionante”. Maxia

▪ Sábado 24 de febreiro. Contraproduccións S.L: “Entrega en man”. Comedia

▪ Domingo 25 de febreiro. Roi Borrallas: “Solo”. Marionetas

▪ Venres 1 de marzo. Iago Regueiro: “Grazas por venir, homenaje a Lina Morgan”. Comedia

▪ Sábado 2 de marzo. Sarabela Teatro: “Made in Galiza”. Comedia

▪ Domingo 3 de marzo. Olivas negras: “O rapto de Befana”. Comedia de máscara

▪ Sábado 9 de marzo. Chévere Producións: “Helen Keller, a muller marabilla?”. Teatro contemporáneo

▪ Domingo 10 de marzo. A Maga Fani: “Igualdade, onde estás?”. Maxia

▪ Venres 15 de marzo. Manekineko: “Cancións amarelas, flores tristes”. Teatro contemporáneo

▪ Sábado 16 de marzo. Artyc Content: “Que din as rumorosas”. Teatro contemporáneo

▪ Domingo 17 de marzo. La Coja Dansa: “El cuento de Persépolis”. Danza

▪ Venres 12 de abril. Ron Lalá Teatro: “4×4”. Comedia

▪ Sábado 13 de abril. Souvenir: “Non é unha canción”. Teatro contemporáneo

▪ Domingo 14 de abril. Aina Marabillas&Portal71: “Las Cotton”. Marionetas

▪ Venres 19 de abril. De Ste Xeito Producións: “Neura”. Estrea. Comedia

▪ Sábado 20 de abril. Pistacatro Produtora de Soños: “La punta do mi nariz”. Circo

▪ Domingo 12 de abril. Artefeito: “Cirqueiras”. Circo

REVISTA NOVEMBRO

▪ Venres 26 de abril. Cía Kirenia Danza: “Emigrantas”. Danza contemporánea

▪ Sábado 27 de abril. LAD Dance Compañy: “Qualia”. Danza contemporánea

▪ Domingo 28 de abril. Pistacatro Produtora de Soños: “361” da Compañía Proyecto Tránsito. Híbrido de circo e danza

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.