CAMELIAS MASCOTAS

Dez plans para esta fin de semana en Vigo

Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 15 ao 17 de setembro. Aínda quedan noites de verán e festexos ao aire libre, ao tempo que a volta á rutina chega ás salas de música e teatro que comezan a activar a súa programación. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

UNDERFEST – Venres e sábado en varias salas da cidade

O festival musical internacional celébrase en oito salas da cidade esta fin de semana. O máis esperado é o concerto do británico Paul Weller, lider da banda the Jam. Tamén poderemos ver a Blood Red shoes, Sam Amidon, Los mejillones Tigre ou La Perra Blanco. Os abonos están esgotados, pero hai entradas dispoñibles para os concertos por separado.

RETRO FEST – Venres e sábado de 12:00 a 20:00 h no Centro Comercial Camelias – De balde

Feira de libros, CD, vinilos e cassettes de segunda man que se celebra a terceira fin de semana de cada mes con actividades paralelas como concertos ou presentacións.

FESTIVAL REVOLTALLO – Venres e sábado en Valladares – De balde

30 edición do festival que busca promover a música emerxente e dar visibilidade a bandas galegas. Cartel dominado polos sons rock e punk no que encontramos a Pauliña, Liska!, Suevia ou  Ktulu; ademais de actividades para grandes e pequenos durante os dous días.

FESTAS DE CABRAL – Venres, sábado e domingo en Cabral – De balde

Festa popular con bandas de música, orquestras e actos relixiosos que se celebra os días 15, 16 e 17 de setembro na parroquia de Cabral. O venres pola noite actúa a París de Noia e o sábado o Combo Dominicano.

CINE AO AIRE LIBRE – Sábado ás 12:00h e ás 20:00h no CC A Laxe – De balde

O Centro Comercial A Laxe celebra Urban Fest, festival con obradoiros e cine ao aire libre durante o mes de setembro. Este sábado proxectarán ás 12:00h o filme ‘Hotel Transilvania III’ e ás 20:00h ‘Matria’, película dirixida polo vigués Álvaro Gago e interpretada por María Vázquez.

TEIS FEST – Sábado de 13:00 a 23:00 h na ETEA – De balde

Festa veciñal na praza da ETEA, con xantar poular, actuacións de música, teatro e danza e portos de artesanía. A festa rematará co concerto dos Vacalouras.

CINTAADHESIVA – Sábado ás 21:00h no Café Uf – 5,00 €

Espectáculo de poesía, música e videocreación interpretado por Silvia Penas (textos e voz) e Jesús Andrés (musica e vídeo).

VIGO DUB CLUB – Sábado ás 23:30h na Molotov – 6,00€

Inicio da sexta tempada en Vigo da sound system a cargo do colectivo Skank-fu-Hi-fi. As entradas véndense na porta do local.

SUBIDA AO MAÚXO – Sábado ás 10:00 h en Coruxo – De balde

REVISTA NOVEMBRO

Actividade lúdica e deportiva organizada polo CARAC de Coruxo que inclúe un roteiro guiadom polo monte pola mañá, xantar no que cada un leva o seu e xogos populares pola tarde.

EL INVENTOR DE MAGIA – domingo ás 12:30 h en Magia en la manga – 9,00 €

Adrián Carratalá, inventor de maxia, tres veces campión de España e gañador en 2019 do programa “Penn & Teller Fool Us” en Las Vegas, trae o seu espectáculo para toda a familia ao Espacio Magia en la Manga.