Os dez mellores plans para esta fin de semana en Vigo
Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 25 ao 27 de agosto. Os concertos e as festas tradicionais nas parroquias continúan a copar a axenda das fines de semana de verán. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
FESTAS DE SAN CAMPIO – Ata o luns na igrexa de Valladares – De balde
As festas de Valladares, que comezaron o mércores, exténdese ata o luns cunha programación musical na que abundan as bandas municipais e as orquestras. Programación completa aquí.
FESTAS DO CRISTO – De venres a sábado 2 de setembro en Cangas – De balde
A vila veciña mergúllase en dez días de festexos sen pausa. Destacan os concertos de Anni B. Sweet, High Paw e Bronken Peach, así como as orquestras e charangas diarias e os espectáculos infantís. Programa completo aquí.
14 artistas porán á venda o seu traballo artístico na segunda edición do Mercado Mona de Arte que organiza o centro comercial para fomentar a creatividade local. Aquí podes ver os artistas que participan.
CENTENARIO DO CELTA – Venres a partir das 16h en Balaídos – De balde
O RC Celta organiza unha tarde de actividades no exterior de Balaídos para conmemorar os seus cen anos de historia. Desde primeira hora haberá actividades para nenos e antes do partido contra o Real Madrid haberá concerto de Keltoi! e Dakidarría.
SOLPOR MONTEFERRO – Venres e sábado a partir das 20h en Monteferro – De balde
Por primeira vez Solpor de Monteferro celebrará dúas edicións nun mesmo verán. Desta volta poderemos ver tres concertos diarios de artistas como Family Folks, Visions of Johanna ou Blue Monk. O horario completo pode consultarse aquí.
ACTIVIDADES INFANTÍS EN VIGOZOO – Sábado e domingo de 13h a 18:30h – De balde
Alimentar reptís, crear xoguetes para as suricatas ou observar as estrelas son algunhas das propostas do zoo para esta fin de semana. É preciso facer reserva de praza.
FESTIVAL DE MÚSICA URBANA – Sábado ás 19:30 h – Entradas esgotadas
O Porto acolle unha das xornadas máis esperadas pola mocidade galega, o concerto de Duki, Saiko, Reality e Boom Boom recoñecidos artistas da escena trap internacional.
CONCERTO DE ALFEIZAR – Sábado ás 21h en Deilán Praia – De balde
O chiringuito de Vilaboa continúa a sorprender cada sábado coa súa programación musical. Este sábado é a quenda do dúo galego Alfeizar e o domingo a meiodía haberá jazz con Javier Marcos.
CONCERTO E MERCADO – Sábado ás 21:30h no Lar das Artes – De balde
O asador e restaurante de Matamá acolle o concerto do trío Madrileños x Matamá. Ademais celebran unha feira de roupa vintage durante toda a semana.
SEPTETO SANTIAGUERO – Domingo ás 21:30h na Sala Rebullón – 12,00 €
O son cubano do Septeto Santiaguero, con dous Grammy Latinos. O seu repertorio é un percorrido por diferentes variedades da música cubana, con énfase no tradicional.