A segunda Movida viguesa será gastronómica
Gastro Movida Summit é un congreso gastronómico que se celebrará na Sede do RC Celta os días 28 e 29 de novembro e que contará coa participación de institucións, chefs de referencia, proveedores, e máis de 20 restaurantes locais. Podes inscribirte premendo aquí.
Gastro Movida Summit pretende ser un referente peninsular en formato congreso gastro, trazando un triángulo que entrelace os puntos País Vasco – Madrid – Galicia. GMS será o lugar de encontro para contidos de valor da industria da gastronomía local.
O evento celebrarase os días 28 e 29 de novembro na Sede do RC Celta, na rúa do Príncipe. Haberá mesas redondas, relatorios, eventos vía streaming, experiencias e activacións de marca para poñer en valor a nosa cultura, o noso talento e o noso territorio. Os catro piares desta iniciativa son a empresa, a innovación, a formación e a sustentabilidade.
O programa é o seguinte:
Luns 28 de novembro
10:00 a 14:00h.
Experiencia: Coñecendo a pesca artesanal na Ría de Vigo
Paseo en barco pola Ría de Vigo onde Javier Costa, explicaranos a riqueza e a importancia desta arte nos nosos mares.
Exclusivo para profesionais.
10:00 a 14:00h. > Xornada en liña:
Gastro Movida: un concepto
A pesca artesanal na ría de Vigo (Javier Costa, experto en pesca artesanal Ría de Vigo)
Saudable: máis que unha declaración de intencións
Martes 29 de novembro
MESAS REDONDAS E RELATORIOS
09:30h.
A Ría marca o ritmo
A Ría de Vigo é unha das despensas máis importantes ao noso alcance. Quen son os seus inquilinos? Como se transforma? Que valor achega á industria gastro?
10:15h.
Economía na restauración
Desde a idea á realidade de abrir o teu propio negocio. Que debes saber? Que ferramentas de apoio tes ao teu alcance?
11:15h.
Networking café by Delikia
Desde a idea á realidade de abrir o teu propio negocio. Que debes saber? Que ferramentas de apoio tes ao teu alcance?
11:45h.
A formación: clave do éxito
Perspectiva dos centros de formación e a súa importancia para conseguir o obxectivo global nas empresas de restauración.
12:30h.
Sustentabilidade entre fogóns
Como activar unha estratexia sostible nun restaurante de alta cociña.
CAMPUS WINE
16:30h.
Benvidos ao cabo do mundo onde todo comeza
Juanjo Figueroa Treus, presidente da Asociación Galega de Catadoras, fai unha introdución aos viños de Galicia mentres se degustan dous viños.
17:30h.
O momento é agora
Nesta charla-coloquio trataremos de poñer en común os puntos máis importantes para a posta en valor do viño galego dentro e fóra das nosas fronteiras.
18:30h.
Cata as cinco D.O. galegas