CAMELIAS MASCOTAS

Mapis, gorida familiar

Ao entrar en Mapis (Pizarro, 47) recíbenos o gran sorriso de Paula, cuxos coñecementos en puericultura, unidos á amabilidade, fixeron que en poucos meses esta tenda se afianzase. Aquí atopamos xoguetes educativos e utensilios respectuosos. Pero unha das cousas que fan destacar este local é que, ademais de tenda, é un espazo familiar no que podemos resolver con total confianza calquera dúbida que teñamos e onde se organizan actividades formativas; grandes e pequenos poden compartir o tempo de lecer, creando lazos de unión namentres que tratan diferentes aspectos da crianza.

A partir deste mes, Mapis inicia un programa de actividades infantís e familiares que abarca diferentes ámbitos da educación, da maternidade, e do lecer infantil; nas redes sociais podemos consultar o calendario con todos os obradoiros. Tamén estes días celebran a Feira do Bebé, con descontos en tódolos produtos da tenda ata o sábado 22. Ademais de aprender divertíndonos, con Paula podemos pasar tempo de calidade cos nosos pequerrechos, aproveitando a ocasión para educar, para inculcar valores, para fomentar a comunicación e para fortalecermos os vencellos.

REVISTA NOVEMBRO

Contacto:

MAPIS | Rúa de Pizarro, 47 | 629 60 21 97 | @mapis.vigo

Lourdes Tomé
Redactora

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.