Barbeira Season Fest: música, gastronomía e charlas para rematar o verán ao grande
Barbeira Season Fest celébrase entre o 31 de agosto e o 4 de setembro en Baiona. O festival arranca cun concerto sorpresa de Pablo Novoa & friends desde un dos balcóns do Hotel Bayona, reconvertido durante esta finde en “Hotel Season-Zentolo”. Aínda podes conseguir o teu abono na web do evento con 5€ de desconto introducindo o código AMOVIDA.
Mañá, mércores 31 de agosto, arrinca en Baiona Barbeira Season Fest, un dos últimos festivais do verán galego que rematará o domingo e que convertirá á localidade turística nun fervedoiro cultural. Máis de 20 concertos, entre os que destacan nomes como Zahara, León Benavente, La habitación Roja e Depedro; así como unha oferta gastronónima singular, actividades náuticas ou encontros con escritores completan o chamativo programa. Ademais, A Movida celebrará o cuarto aniversario da súa revista en papel cunha programación especial.
Desde un dos balcóns do céntrico Hotel Bayona, reconvertido para o festival no “Hotel pop-up Season-Zentolo”, dará comezo esta cuarta edición ás 19:30h cun concerto do músico Pablo Novoa xunto a amigas e amigos que a organización mantén en segredo. O concerto poderá gozarse dende a rúa e é de balde.
O festival continúa o xoves no recinto principal, o céntrico parque da Palma, con diversas actividades entre as que destacan os concertos de Anabel Lee, Bala, León Benavente e Carolina Durante, no escenario Vibra Mahou.
O venres, ás 12:00h, inauguraráse o ciclo “Charlas en chanclas”, na Casa da Navegación, cunha conversa sobre música e literatura, conducida pola xornalista María Díaz cos escritores Pedro Feijóo, Ledicia Costas e Diego Giráldez e o músico Jorge Martí, vocalista de La Habitación Roja, que a continuación presentará o seu libro Canción de amor definitiva. La vida, como un disco, tiene dos caras. Ás 16:00h, o xornalista Javier Becerra impartirá a charla “A música non é o importante”. Ás 17:00h, péchase o ciclo coa conversa arredor de como se retroalimentan as marcas e os festivais con Isaac González, director de marketing de Rei Zentolo, Hugo Pérez, brand manager de Mahou en Galicia e Víktor Flores, exresponsable de marketing cultural de Red Bull. Conduce a charla a xornalista Rocío Carreiro.
Os concertos do venres terán dous escenarios distintos no propio recinto: o escenario Xacobeo ao que se subirán desde as 18:00h os grupos emerxentes nacionais Morreo, Diamante Negro e Emilia, Pardo y Bazán. E o escenario Vibra Mahou no que estarán, a partir das 20:30., La Habitación Roja e Depedro.
O sábado os concertos comezarán a mediodía na Palma. Desde as 14:00h, no escenario Xacobeo, terán lugar os concertos de Cora Yako, Miniño, Eterna Juventud e Estrella fugaz. A partir das 20:00h, ao escenario Vibra Mahou subirase Maika Makovski, Tú peleas como unha vaca e, a continuación, Zahara.
O domingo pecharase esta cuarta edición coa Romaría Punk Zentolo protagonizada por grupos galegos como Captain Trashno, Sr. Jingles, Astrogirl, Cheap Lipstick, Habitación Vudú, Tarde a todo e Triángulo de Amor Bizarro.
Ademais, en A Movida celebramos os 4 anos da revista en papel cunha variada programación de actividades durante o domingo:
10h – Clase aberta de ioga, con Savia Yoga, na praia de Barbeira
12h – Demostración e clase aberta de swing con Swing On Vigo
13h – Showcooking e degustación con Outro Conto
14:15h – Presentación do libro Son da Cidade + concerto
15:15h – Teatro: Chevalier por PeluqART
20:30h – Picada Molotov Club