Bookcrossing, presentacións, obradoiros e moito máis no Día do Libro
Fixado pola UNESCO en 1995 e en conmemoración ao falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilasco de la Vega, o 23 de abril festexase o Día do Libro. En Barcelona agasállase con rosas e libros, e en Vigo as librerías, bibliotecas e centros culturais enchen de actividades a cidade.
Esta fin de semana non perdas ningunha actividade; desde contacontos para os máis pequenos ata obradoiros para os adultos. Todos os detalles das actividades na nosa axenda.
ACTIVIDADES PARA OS MÁIS PEQUENOS
- ‘Perros y Letras’: sábado 23 de abril ás 11h no CC. Travesía. Taller infantil de lectura con cans (inscrición pechada)
- ‘Cadernos Telescópicos’: sábado 23 de abril en dúas sesión (11 e 12:15h) no MARCO. Taller infantil de creación artística con libros.
- ‘A maxia dos libros’: sábado 23 de abril ás 12h na Biblioteca Juan Compañel. Espectáculo no que se mestura a maxia, comedia e imaxinación.
- Aniversario Libros para soñar. A libraría especializada en libro infantil celebra o seu 21 aniversario coincidindo co Día do Libro. Para celebralo, durante toda a xornada ofrece un 10% de desconto. Ademais ás 12:30h co ilustrador vigués Federico Fernández asinará o seus libros “Chibos Chibóns”, “Aurelio” e “Balea”. Tamén á mesma hora, o autor e ilustrador Maks asinará o seu primeiro cómic, “Aventuras espaciais de T e Ronni”. Pola tarde, a partir das 18:00 h, terá lugar un encontro co autor Ramón Veiga e o ilustrador Iván Rodríguez, creadores da serie Miñoca, quen estarán ádisposición do público para asinar os seus libros.
- El buque de los cuentos: ‘El amor a los libros’: sábado 23 de abril ás 18h na Casa del Libro. Ensinarase como os libros fan do mundo un lugar mellor.
ACTIVIDADES PARA TODO O PÚBLICO
- Bookcrossing ‘Libros Libres!’: venres 22 de abril ás 11 no MARCO. Liberaranse libros na fachada do edificio e en numerosos puntos da cidade.
- ‘Creando Creaturas’: venres 22 de abril ás 17h no MARCO. Obradoiro para adultos promovido por María Xosé Martínez orientado á exposición de Francisco Leiro.
- ‘Imprenta Creativa’: venres 22 de abril ás 18h na Biblioteca Neira Vilas. Obradoiro para adultos, crearanse postais empregando antigas técnicas.
- Curros & Holmes no misterio d’o kapital: venres 22 de abril ás 20h en Librouro. Presentación do novo libro xuvenil de Marcos Calveiro.
- Club Faro: Alicia Garrido: venres 22 de abril ás 20h no MARCO. Presentación do libro ‘José Darriba Puente, o fillo da Licha. Memoria dun fusilado, 1917-1937’.
- Liberación de libros. sábado 23 a partir das 11h no Museo do Mar. Poderán atoparse libros liberados polas salas do museo, de todos eles as persoas visitantes poderán escoller un para levar para casa e darlle un novo fogar.
- Renata Ortega: sábado 23 de abril ás 11h en Vaidhé. Fará ilustracións en directo e firmará exemplares do seu último libro.
- ‘Tes cinco minutos’: sábado 23 de abril ás 12h na Sede de Vigo. Presentación do libro que recolle textos do alumnado da Escola de Letras.
- Lúa Mosquetera: sábado 23 de abril ás 17h en Vaidhé. Recital e firma de exemplares do último poemario ‘Aunque seas rara y seas pájaro’.
Non tes decidido que libro queres regalar? Na libraría Librouro tes milleiros de opcións a túa disposición, e se aínda non te aclaras, os mellores profesionais da tenda axudaránche a escoller o libro perfecto.
Ademais, o Centro Comercial Travesía, activa unha campaña para fomentar a lectura habilitando unha ferramenta dixital que en función dos gustos e preferencias de cada usuario, ofrece unha serie de recomendacións para autorregalarse ou para regalar. Estará dispoñible ata o 24 de abril, e só terás que entrar na súa páxina web https://www.cctravesia.com/ e cubrir un sinxelo cuestionario. En base as respostas obtidas, a plataforma ofrecerá títulos afíns ao lector.