CAMELIAS MASCOTAS

‘Hemos venido a darlo todo’, unha viaxe sideral de Voadora

A máis recente montaxe da compañía Voadora, que puidemos ver a pasada fin de semana na Sala Ártika, é un paso máis na súa incesante carreira cara a orixinalidade escénica. Sen caer na banalización das metáforas nin o uso excesivo de artificios Hemos venido a darlo todo é, a todas luces, unha peza singular. A súa directora, Marta Pazos, consegue coarnos unha sesión DJ por unha peza de teatro e que nos preguntemos constantemente se realmente o é sen poder deixar de bailar na cadeira.

REVISTA NOVEMBRO

En 1977 a NASA envía ao espazo exterior un vinilo douro con algunhas das cancións que máis éxito tiñan naquel momento e que os científicos consideraban unha síntese acertada da polifonía da Terra. Xunto a el, algunhas imaxes, como a ilustración dos corpos espidos dun home e unha muller, esta última desprovista de xenitais, “non fora ser que algún marciano se escandalizase”.

Pero volvamos á música. Ese encomiable exercicio de síntese e perdurabilidade e, sobre todo, positivismo, pois non hai que ser científica para pensar que as posibilidades de atopar un extraterrestre con tocadiscos son bastante ínfimas. Voadora decidiu entón traer de volta aquelas mediodías para desfrute dos humanos. Extraeu as bases, simplificou as melodías e mesturou todo de novo e en directo para ofrecernos un concerto digno das mellores salas de electrónica no que a música viuse e aderezada con letras cómicas en galego, ao estilo de dúos nacionais como Ojete Calor ou Las Bistecs. Jose Díaz, Fernando Epelde e Hugo Torres derrochan adrenalina desde a mesa de mezclas, que abandoan de un en un en poucas ocasións para dar vida a algúns personaxes do máis heteroxéneo: monstros peludos, espectros sexuais e figuras humanas asexuadas.

A escenografía acompaña á perfección a viaxe sideral que propón a música: un enorme pano dourado que envolve a nave espacial de Voadora e que coincide en cor coa vestimenta dos pinchadiscos galácticos. Unha máquina de refrescos, unha astronauta vermella (Iria Acevedo), bailaríns estelares e mesmo Elvis Presley completan o elenco da festa.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.