CAMELIAS MASCOTAS

Baiona lista para conmemorar a Festa da Arribada

Baiona xa está preparada para conmemorar o 527 aniversario da chegada da carabela Pinta coa noticia do Descubrimento de América. O 28, 29 de febreiro e o 1 de marzo, a vila baionense retrocederá ao medievo na 25º edición da Festa da Arribada.

As rúas do casco histórico de Baiona volverán engalanarse para converterse nun gran mercado medieval. Atoparemos máis de douscentos postos, de comida, artesanías, asociacións gremiais e oficios tradicionais. Ademais, haberá seis paradas dos Pobos Irmáns nas que poderemos degustar produtos típicos de Palos de la Frontera, Santa Fe de la Vega de Granada, Pornic e Vila do Bispo.

Nesta edición, prestarase especial atención as actividades cos animais, apostando polo benestar animal e intentando manter o máximo rigor histórico. Haberá un establo medieval dedicado ao cabalo galego do Monte da Grova, unha especie autóctona que se atopa en perigo de extinción. Grazas á colaboración de Finca Moreiras, neste espazo os rapaces poderán interactuar cos equinos aseándoos, peiteándoos, dándolles de comer e dando un paseo no seu lombo. Outro dos animais protagonistas da festa vai ser o boi aos que poderemos coñecer no Alpendre dos Bois.

REVISTA NOVEMBRO

Outra das novidades desta edición é que o xoves 27 se vai celebrar no Salón Medieval do Parador de Baiona o I Foro Iberoamericano Cuba-España-Galicia-Baiona, no que participarán autoridades económicas de Cuba, España, Galicia e Baiona. Unha cita que se espera repetir nos próximos anos. Pero a programación e a festa arrancarán oficialmente o venres 28, cando se inaugurarán as exposicións temáticas ‘Explorando as costumes da Hispania Medieval’ no Hall do Concello de Jose Valtierra e ‘Sardiñas, potas, pantrigo e sal, mercadoría real: A vida nos mercados’ do historiador Anxo Lemos que poderemos ver na Capitanía Marítima de Baiona. Tamén poderemos asistir aos espectáculos de cetrería, xusta medieval, tiro con arco, esgrima e os adestramentos de cabaleiros.

Os pequenos poderán participar en obradoiros de gravados de madeira, orfebrería, cerámica, repuxado de coiro, escritura gótica, acuñación de moedas, bordados e costura e moitos outros oficios na Alameda dos aprendices. Tamén haberá unha zona de playmobil medieval, Ludopuzles e un espazo de Xogacirc na que os cativos aprenderán as habilidades motrices dos acróbatas de circo como as bolas malabares, as cariocas ou os zancos de man e pé. O acto central da festa é a representación da Arribada do Descubrimento que terá lugar na praia da Ribeira o sábado ás 20.00 horas e o domingo ás 18.00 h. A obra foi escrita polo profesor e historiador Avelino Sierra e dirixida por Mónica Sueiro e vai ser interpretada en linguaxe de signos.

PROGRAMACIÓN FESTA DA ARRIBADA 2020:

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.