Pity Domínguez deixa a dirección de O Marisquiño
O que ata agora foi o máximo responsable de O Marisquiño, Carlos ‘Pity’ Dominguéz, anunciou hoxe en Cíes Podcast que non vai seguir ao mando do festival, do que todavía non se sabe nin se terá lugar en 2019 nin se será en Vigo.
Adiantándose ao comunicado oficial que proximamente publicará O Marisquiño, Carlos ‘Pity’ Domínguez anunciou en exclusiva no Capítulo 48 de Cíes Podcast que deixará a dirección do festival como mínimo para a próxima edición. Edición, que por certo, aínda está no aire, xa que non está confirmada a súa continuidade, tanto no 2019 como na propia cidade de Vigo. Domínguez delega o mando do evento a Joako Ezpeleta.
Esta decisión vén tomada tras o suceso do pasado 12 de agosto do ano pasado, no que o paseo do Náutico cedeu durante os concertos da última noite do festival. Aínda que afortunadamente non houbo víctimas mortais, os feridos contáronse por decenas. Este accidente cortou a traxectoria ascendente que O Marisquiño viña tendo nos últimos anos, chegando a converterse nun dos festivais de deporte urbano referencia a nivel mundial.
O que máis lle molesta a Pity é o desentendemento por parte dos organismos públicos, que se rifan a responsabilidade da zona marítima entre uns e outros para non ter que facerse cargo das consecuencias. O que si ten seguro o organizador é que o festival cumpriu absolutamente todas as medidas de seguridade, como vén facendo desde a primeira edición.
Unha mágoa que un festival coa traxectoria e o éxito de O Marisquiño pare indefinidamente por causas alleas á organización. Cada día que pasa Vigo está máis preto de quedarse sen un dos festivais máis importantes da comunidade e do país.
Podes escoitar as súas declaracións a partir do minuto 19 do Capítulo 48 de CÍES Podcast: