CIRCODENADAL
AQUALIA

O 8M continúa todo marzo

Onte Vigo tinguiuse de violeta. As mulleres tomaron as rúas pedindo igualdade. Aínda que o gran día foi onte, durante todo o mes de marzo hai actividades nas que a muller é a gran protagonista.

María Xosé Queizán é sen dúbida algunha un referente do feminismo vigués. Este luns día 11 o Ateneo Atlántico réndelle homenaxe cun coloquio arredor da súa figura na Casa da Cultura Galega no que intervirán: Rosa Cobo, Carme Adán e Mónica Bar. Se queredes saber máis sobre Queizán tamén podedes facervos coa revista A Movida de marzo onde a entrevistamos para a sección Viguesa do mes.

A educación é vital no camiño a unha sociedade máis igualitaria. Este sábado temos dúas actividades con foco de muller dirixidas aos cativos. A primeira delas na biblioteca Juan Compañel ás 12:00 ‘Contos violetas para menos e nenas’  e pola tarde outra sesión de contacontos na Casa do Libro ‘Contos polo Día Internacional da Muller’. En Libros para Soñar tamén avogan pola igualdade e o venres 15 organizan a sesión Mulleres que contan a cargo da actriz, contacontos e escritora Paula Carballeira.

Todos os sábados de marzo ás 17:30 podemos acudir no Museo do Mar a visita temática Mulleres do Mar, na que aprenderemos o importantísimo papel que xogou a muller neste eido. Outra cita para as fins de semana, pero nun ámbito moi diferente, a temos na sala Kominsky coa súa proposta ‘Girls just wanna have fun’ na que participarán as artistas: Linda Lamar Salada, Bambaataa Va en Bata, Pelea Física con Sandra e Isa, Isa Alabama y Bea-Beita-Beiña.

Desde a concellería de Igualdade tamén se levan desenvolvendo actividades durante todo o mes. Este martes 12 proxectarase o filme Contraaluz no salón de actos do Museo MARCO. O mércores 13 haberá un recital aberto de poesía sobre xénero e igualdade coa escritora viguesa Iolanda Zúñiga. Música o venres 15 a cargo do grupo Habelas Hainas no Museo MARCO e o sábado 16 terá lugar o roteiro feminino ‘Sons de mulleres’ a cargo de María Casar. Percorre quince puntos, algúns deles espazos emblemáticos da cidade nos que perdura a memoria dos traballos das mulleres. Por último, o MARCO albergará o día 22 ás 20:00 a proxección das curtas Consello Municipal da Muller de Vigo. 25 anos facendo camiño, de Xisela FrancoBenvidas ao club, de Carmen PG Granxeiro; e Conversa cunha muller morta, de Sonia Méndez.

Este martes comeza o ciclo de cine Mulleres na Sede Afundación coa proxección de La Librería de Isabel Coixet, seguiralle o 27 de marzo Figuras Ocultas de Theodore Melfi, o 2 de abril Muchos hijos, un mono y un castillo de Gustavo Salmerón e por último o 9 de abril Tres anuncios a las afueras de Martin McDonagh.

O camión das Ramonas on tour desembarcará na Porta do Sol o venres 15. Esta proposta da Deputación de Pontevedra arrancará ás 10:00 da mañá. Desde ese momento poderase visitar a exposición sobre a muller no mundo da música e sobre a Comandanta Ramona e as mulleres zapatistas (aberta ata as 0:00 horas da noite) e tamén terá lugar o primeiro obradoiro sobre relacións tóxicas e a igualdade, destinado ao alumnado de ESO. O primeiro pase das actuacións será ás 11:30 horas, cunha proba de son a modo de concerto didáctico coas Ramonas. Xa pola tarde, ás 19:00 horas comezarán os faladoiros sobre a muller na industria cultural, Nunca máis sen nosoutras. Participarán a música Belén Lamas, a artista gráfica Lupita Hard e Marcia Vázquez da Asociación 85C. A partir das 22:30 horas as Ramonas on tour comezarán o seu segundo concerto do día, enfocado esta vez ao público xeral, e levarán de convidadas a Linda Lamarr (Belén Lamas), Coral Alonso, Seilaesencia e Area.

A fin de semana do 22 ao 24 de marzo terá lugar a segunda edición do Festival Nas Verzas,  máis duras cós cañotos das verduras.  Un evento de música punk que ten por obxectivo visibilizar o traballo feminino na música. O venres na sala Doppler actuarán  grupos como Cheap Lipstick, S.e.r.p.i.e.n.t.e o sábado 23 no Tinta Negra haberá un mercadiño artesanal durante todo o día, unha mesa redonda sobre as pioneiras no punk por Uter Zine e na Sala Kominsky actuarán Decibelikas.

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data