CASAACUNHA

26 locais participan no II Retapas ata final de mes

Un total de 26 locais do Casco Vello, coas súas respectivas tapas, participan este ano no II Certame Gastronómico Retapas. Todos os pratos levan como mínimo un ingrediente con Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida de Galicia.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Banner A Movidiña

Xa queda menos para a Reconquista, a gran celebración de carácter histórico da cidade. E que mellor forma de ir facendo tempo que cunhas tapas? Este ano a segunda edición do Retapas reúne a un total de 26 establecementos do Casco Vello, que deberán presentar un plato con mínimo un ingrediente con Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida de Galicia. Todas as tapas terán un prezo entre 2 e 2,20€, bebida a parte.

Os locais estarán divididos en cinco zonas ou “portas”: A Porta do Berbés, a Porta do Mar, a Porta da Falperra, a Porta do Sol e a Porta da Gamboa. Para poder realizar o teu voto e optar ao sorteo dun lote de productos das entidades colaboradoras e dun agasallo sorpresa, deberás ter un selo de cada unha destas portas. É dicir, deberás probar mínimo unha tapa de cada zona para poder votar á túa favorita. Tes ata o 27 de marzo para probalas todas.

Os establecementos participantes e as súas tapas son:

  • La Taberna de Luchi: Berza trala xeada
  • A Parra: Orus 2019
  • Pizzería La Olívica: Pizza de xamón asado e Pizza catro estacións
  • Novo Pepe con Pau: Nécora?
  • Pepe con Pau: Niño
  • A Pulga: Zambureta
  • Bocadini: Niño de codorniz galego
  • Dalalata: Polbo rabudo
  • La sabrosa: A Francesiña
  • Calma Chicha: O sabor galego
  • El Mosquito: Zamburiña mosquito
  • La Contenta: Tartaleta de tenreira galega con crema de Arzúa
  • O Polbo Bar: Matrimonio de ostra e polbo
  • Gravina: Tosta de focaccia de aguacate con mexilóns de castañas e salteado de tomate
  • A Retranca: Cocido deconstruído
  • Taberna A Mina: Mexilón 2.0
  • Lume de CArozo: Tosta siberiana de Galicia
  • La Centralita: Don Abel
  • Cosmos: Choro cósmico
  • Juanita Gastrobar: Crocante de langostino con verduriñas
  • Margarita: Crocante de langostino con verduriñas
  • Vaiche Boa: Secreto con mollo aos tres pementos de mencía / Milfollas de verduras con queixo de cabra
  • Nós Cervexería: Filloa porcbeer Nós
  • Majagua: Plátano de mar
  • Demetro Long Food: Pizzeta texturas da terra
  • Paparrúa: Vietnam hot dog