Skip to content
  • Facebook
  • Twitter
  • Instragram
  • Faite Amovidalover
  • Faite Amovidalover
A Movida

A Movida

A Movida é a axenda cultural e de ocio en Vigo. Aquí poderás atopar todos os eventos que se organizan na cidade, concertos, espectáculos, festivais, charlas, actividades deportivas, festas…

  • Inicio
  • Axenda
    • Actividades deportivas
    • Actividades para o coco
    • Arte e Museos
    • As Nosas Festas
      • A Reconquista
      • Entroido
      • Nadal en Vigo
    • Concertos
      • Castrelos
    • Espectáculos
    • Festivais e Feiras
    • Gastro
    • Pequerrechos
  • Amovigo
  • A revista
    • Contidos
    • Exemplares en PDF
    • Onde atopala
    • Subscrición
    • As túas movidas
  • A Movidiña
  • Locais recomendados
  • A movida en
FAITE AMOVIDALOVER
  • Amovigo

Richard Hawley, ‘Terminator’, monólogos e teatro esta fin de semana en Vigo

Publicado o 19 Setembro, 2024 por Redacción

Outra fin de semana máis Vigo ofrécenos multitude de plans do máis variados:festival de música e cine, concertos e espectáculos de teatro e comedia. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Richard Hawley | Cedida

GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL – Venres e sábado na Plaza Elíptica

O festival de cine fantástico internacional celebra a súa oitava edición. Durante a primeira fin de semana do festival proxéctanse The Terminator, A Nightmare on Elm Street e La Historia Interminable; celébrase a xornada para público miúdo Pequefreak e arrincan os bloques de curtametraxes da Selección Oficial.

FESTIVAL UNDERFEST – Venres, sábado e domingo varias salas da cidade

O festival Underfest Xacobeo celebra o seu sétimo aniversario en mellor estado que nunca. Cos abonos esgotados, mesmo antes de anunciar o cartel, o evento organizado pola empresa viguesa Sweet Nocturna trae á cidade 27 artistas de países como Arxentina, Reino Unido, Irlanda do Norte, Nova Zelanda, Estados Unidos, Chile ou Francia. Tamén hai oco para artistas estatais, galegos e mesmo locais, como é o caso de Sanny, Oscar Avendaño e Santi Araújo.

REVOLTALLO – Venres, sábado e domingo en Valladares – De balde

O festival de música máis lonxevo da cidade volve á Carballeira do Pedregal de Valadares con tres días repletos de música galega.  Unha ampla e variada programación musical que vai desde o folk ata o punk rock e o metal e tamén actividades infantís. Os Vacalouras, Cobra Steel, Blue Merrow, Sun Iou ou Akarakan son algunhas das bandas que actúan.

INAUGURACIÓN DA ESCOLA CAIXA DE RITMOS – Venres ás 18:30 en Caixa de Ritmos – De balde.

Como vos contabamos neste artigo da revista, Swing On embárcase nunha nova aventura, unha escola de baile na que amplían a oferta de bailes e profesorado. Na inauguración haberá música, petiscos, un espazo de intervención artística para graffittear unha parte do local, sorteos e a gravación dun episodio do pódcast Lo que Vigo esconde.

Profesorado de Caixa de Ritmos | Cedida

CHARLAS ABERTAS: SERGIO PORTELA + NOVE NOEL – Venres ás 20:00 na Asociación Évame Oroza – De balde

Este venres, 20 de setembro, volven a Évame Oroza as Charlas Abertas, unha serie de conversas multidisciplinares que permitirán ao público achegarse ao traballo de artistas de diferentes disciplinas. Nesta ocasión falarese da arte pública co escultor, fotógrafo, arquitecto e paisaxista Sergio Portela e o muralista e ilustrador Nove Noel.

CONCERTO ENTRE MI ISLA Y TU PUERTO – Venres ás 20:00 no Café Uf – 10,00 €

O proxecto Nosotros, el contenedor presenta “Entre mi isla y tu puerto”, unha proposta musical da artista hispano cubana Orisel Gaspar e o artista galego Pedro Román Company.

ESPECTÁCULO CORTA EL CABLE ROJO – Venres ás 20:30 no Auditorio do Teatro Afundación – Desde 22,00 €

Espectáculo de comedia de improvisación.Corta o Cable Rojo é unha comedia excepcional que gañou o corazón do público co seu enxeño, humor contaxioso e números cómicos espectaculares.

‘Corta el cable rojo’ | Cedida

LOS MONÓLOGOS DE LA TREUS – Venres ás 22:30 na Sinattra Club – 13,00 €

A cómica viguesa Arantxa Treus terá como convidada no seu monólogo a Patri Muñoz, unha talentosa cómica e guionista que conquistou ao público madrileño co seu enxeñoso monólogo Femininity, destacándose polo seu humor fresco e próximo.

MONÓLOGO DE DAVID CEPO – Sábado ás 20:00h no Teatro Afundación – Desde 13,80 €

Espectáculo do cómico español. A proximidade é o seu selo, e o seu obxectivo facer rir a todos os asistentes, aínda que, para el, a actitude coa que se entra na sala é importante. Como el mesmo di “Non cruces os brazos, non che entran os chistes”.

TEATRO SMOKE ON THE WATER – Sábado e domingo ás 20:00 na Sala Ártika – Desde 13,00 €

A compañía Ibuprofeno Teatro volve a Vigo co espectáculo Smoke On The Water. Ritchie (Blackmore) vive ancorado no rock and roll de los 70. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear.

Apoia a cultura en Vigo, subscríbete a A Movida
Únete a nosa familia de #Amovidalovers e recibirás tódolos meses a revista na túa casa. Coa túa subscrición estarás contribuindo a que o proxecto medre e sigamos traballando a prol dunha cidade máis activa.

Publicaciones relacionadas:

  1. ‘Terminator’,  ‘A Nightmare on Elm Street’ e Pequefreak na primeira fin de semana do GFFF
  2. Tonhito de Poi, blues psicodélico internacional e teatro de Darío Fo esta fin de semana en Vigo
  3. Galician Freaky Film Festival, Teatro Gorrilla, G-Night e Mercado Reciclado esta fin de semana en Vigo
  4. Johnny Burgin, ‘Iribarne’ e Roberto Vilar esta fin de semana en Vigo
A Movida arantxa treus café uf Caixa de ritmos comedia corta el cable rojo david capo entre mi isla y tu puerto espectáculo Évame Oroza festival galician freaky film festival gfff monólogo Música REVOLTALLO sala ártika sinattra vigo smoke on the water teatro Teatro García Barbón underfest Vigo

Hoxe móvese

marzo

Ocean Rock BarRúa Churruca, 12, Santiago de Vigo, 36201 Vigo, Pontevedra

13marTodo o díaSoul Train + Peón Kurtz DJconcertos | -(Todo o día: venres)(GMT+01:00) Ocean Rock Bar

CC VialiaPraza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

13mar12:0021:00Exposición de cómicsPEQUECHOS |De balde 12:00 - 21:00(GMT+01:00) CC Vialia

Sala de AfundaciónRúa Policarpo Sanz, no 26.

13mar18:008M: Presentación do libro “Nosotras. El feminismo en la democracia”ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde 18:00(GMT+01:00) Sala de Afundación

EMAO36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

13mar18:00Sete Bienais de CoiroESPECTÁCULOS | De balde 18:00(GMT+01:00) EMAO

TODOS OS EVENTOS
TODAS AS EXPOSICIÓNS

Axenda pequerrechos

marzo

CC VialiaPraza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

13mar12:0021:00Exposición de cómicsPEQUECHOS |De balde 12:00 - 21:00(GMT+01:00) CC Vialia

Mi Rincón FavoritoRúa Angel Llanos, 14 Coia, 36209 Vigo, Pontevedra

13mar18:3019:00Teatro infantil: 'As tres porquiñas e a loba feroz'PEQUECHOS | Desde 5,00 €18:30 - 19:00(GMT+01:00) Mi Rincón Favorito

CC VialiaPraza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

14mar12:00SHOW DE SUPERHEROESPEQUECHOS |De balde 12:00(GMT+01:00) CC Vialia

LibrouroRúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

14mar12:00Una aventura zumbadapequerrechos | de balde12:00(GMT+01:00) Librouro

Séguenos nas redes

A escena musical viguesa

Música local
  • Quen somos
  • Contacto
  • #AMOVIDALOVERS
  • Publica o teu evento
  • Newsletter
  • Sorteos
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • © A Movida
X