O SeaFest, festas patronais e a inauguración dos concertos de Castrelos esta fin de semana en Vigo
Gastronomía ao aire libre, un encontro de danza urbana , unha carreira benéfica e moito máis. Estes son os dez eventos culturais que non podes perder esta fin de semana en Vigo. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana na cidade, entra na axenda d’A Movida.

VIGO SEAFEST — Do xoves 10 ao domingo 13 de 18:00 h a 23:00 h en Monteros Ríos — De balde
Arranca a sexta edición do Festival ARVI do Peixe – Vigo SeaFest nos Xardíns de Montero Ríos. O evento, que combina gastronomía de autor, música en directo, deporte náutico e outras actividades, é unha cita imprescindible do verán en Vigo. Para consultar a programación completa preme no título.
O encontro de danzas urbanas Vikul celebra a súa decimoterceira edición . O evento consiste nunha sesión de formación de balde, para todos os bailarines do evento, e unha sesión de espectáculos onde participarán todas as escolas de danzas urbanas. As sesións de Masterclass terán lugar no CC Vialia ás 11:00 h e ás 12:30 h. Os shows serán na Pista de Patinaxe de Samil ás 19:30 h.
CINEMA A PEDAL— Do xoves 10 ao sábado 12 de 21:00 h a 22:00 h no Esteiro da Foz — De balde
Cinema a Pedal é un festival celebrado ao aire libre no Esteiro da Foz, cunha presentación previa o día 10 nos cines recentemente rehabilitados de A Ramallosa. A cita é gratuíta, ao aire libre e accesible para persoas de todas as idades.
CANCELADO – WILBUR E JULEN AXPE — Venres 11 ás 20:00 h no CC A Laxe— Desde 15,00 €
Wilbur e Julen Axpe realizarán un espectáculo o venres na azotea do Centro Comercial A Laxe. A función consistirá nun monólogo, mesturando comedia e circo contemporáneo, con vistas ás Cíes, onde o verán será o protagonista. Julen Axpe abrirá o evento para, máis tarde, dar paso a Wilbur.
FESTAS EN: ALCABRE, CANDEÁN, CORUXO — Desde o venres nas distintas localizacións — De balde
Os distintos barrios e parroquias de Vigo comezan a celebración das súas festas de verán . Esta fin de semana celébrase San Cristovo e Santa Ana en Candeán, Santa Baia e San Antón en Alcabre, e a Virxe do Carme en Coruxo. As dúas primeiras comezan o venres, mentres que a última comeza o sábado. Para consultar o cartel completo destas e das demáis festas dos barrios vigueses, cun mapa que as esquematiza, podes premer aquí.
CURIOSIDADES SOLITA: LAW — Venres 11 ás 21:00 h en Villa Solita— De balde
Curiosidades Solita é un proxecto cultural coa música como protagonista, que se desenvolve todos os venres ás 21:00 h. Esta proposta ten lugar en Villa Solita, nun enclave rehabilitado polo Concello de Vigo para recuperar unha parte do patrimonio e historia da cidade, convertíndoo nun espazo de encontro de actividades culturais e artísticas. Este venres actúa LAW, unha artista multidisciplinar do barrio de Coia. As súas composicións xuntan influencias do R&B, reggae, hip-hop e psytrance.
CONCERTO LLUVIA + SANNY — Sábado 12 ás 21:30 h en A Casa de Arriba— De balde
A Casa de Arriba acolle os concertos de: Lluvia, unha banda de Badajoz que fusiona varios estilos desde o indiefolk atmosférico pasando por sons e harmonías con claras influencias desde o jazz ata o trip hop con temas propios; e Sanny, ou Sandra Gómez, xunto coa súa banda que mantén viva a chama do folk combativo e intimista.
CONCERTO ANA BELÉN — Sábado 12 ás 22:00 no Parque de Castrelos — 10,00 €
O concerto de Ana Belén inaugura a programación de Vigo en Festas en Castrelos. Ana Belén presenta MÁS D ANA, unha xira para 2025 onde repasará os grandes éxitos do seu repertorio e estreará algún tema de último traballo, acompañada dunha banda de músicos de luxo dirixida por David San José.
PONLE FRENO — Domingo 13 ás 10:00 h na Porta do Sol — 10,00 €
Atresmedia e a Fundación AXA organizan, en colaboración co Centro Comercial Gran Vía, unha nova edición de Ponle freno. Esta carreira solidaria consolidouse como unha grandes citas do calendario runner con causa, destinando o cen por cen da recadación a proxectos de apoio a vítimas de accidentes de tráfico.
No marco da conmemoración polos cen anos do Parque de Castrelos, un dos concertos programados é o de Carla Lourdes este domingo, cunha proposta de pop íntimo e contemporáneo. O evento forma parte dun ciclo musical que une tradición, cultura e música nun espazo cheo de historia e significado para toda a cidade.

