VIALIA
bannerPicnicSesions

Sorteo de tres exemplares de ‘Anagnórise’ de Mª Victoria Moreno

A Movida quere celebrar con todos vós o Día das Letras Galegas sorteando 3 exemplares do libro ‘Anagnórise’ de María Victoria Morena, escritora homenaxeada este ano 2018.

 

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook e darlle gústame nesta publicación.

prazo para participar e ata o domingo 20 de maio ás 12 da noite, o luns 21 coñeceremos o nome das tres persoas premiadas.

Sobre ‘Anagnórise’

Unha fermosa novela de amor, editada por Galaxia, que figura entre os libros máis lidos e admirados pola mocidade galega.

O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche. Os diálogos, sempre áxiles e ocurrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos. Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. Ó remate, despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid, irá buscar a súa amiga. Só entón saberá o seu nome.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook de @amovidavigo
  • Darlle gústame no Facebook de @amovidavigo á publicación do sorteo.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o domingo 20 de maio ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
Os gañadores ou gañadoras serán elixidos mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con eles mediante o seu perfil de facebook; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA ABRIL

O premio:
Sortéanse tres exemplares do libro “Anagnórise” de María Victoria Moreno, Ed. Galaxia. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

 

* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.