Piano e electrónica – A Movida

maio, 2018

04mai20:30Piano e electrónicaCONCERTO | De balde20:30 Conservatorio Superior (O Castro)

Máis

Detalles do evento

Piano: Nicasio Gradaille, Noelia Martínez, María Sanjorge, Estefanía Cereijo, Flavio Sedano
Electrónica: Pablo Beltrán
Composición: Julio Domínguez
Coordinación: Nicasio Gradaílle e Pablo Beltrán

Este proxecto xurde da colaboración de dous departamentos do CSMVigo: Piano e Composición, e máis concretamente, dos profesores das materias de Repertorio para Piano dos Séculos XX e XXI (Nicasio Gradaille) e Novas Tecnoloxías aplicadas á Composición (Pablo Beltrán), materias estas que se complementan á hora de interpretar O repertorio para Piano e Música Electrónica. Dende un punto de vista pedagóxico, pretendemos que os nosos alumnos se familiaricen coas actuais tendencias musicais.

Logo de que en 1960 Stockhausen escribira a partitura de Kontakte no que combina sons de instrumentos acústicos (piano e a percusión) con sons electrónicos (creados por computadores), esta combinación foi moi usada por compositores vangardistas interesados nas novas tecnoloxías. E como estas evolucionan tan rápidamente pouco teñen que ver os recursos utilizados por Stockhausen en 1960 cos utilizados nestes momentos.
Todas as obras deste programa foron compostas neste século XXI: a peza de Stockhausen en 2002, as de Essl nos anos 2009 e 2012 e as obras de Flavio Sedano e Julio Domínguez foron compostas para esta ocasión, polo que asistimos á súa estrea.

Programa:
Karlheinz Stockhausen (1928-2007)
Klavierstück XVI (piano e electrónica)
Julio Domínguez (1965)
Electro-acoustical Jarret Tribute
(para piano e electrónica)*
Karlheinz Essl (1960)
Sequitur XIII (extended piano and live-electronics)

Flavio Sedano (1995)
Sentidos más allá de Orión (piano e electrónica en vivo)*
Karlheinz Essl 1960)
Junctions (grand piano with 2 players, and live-electronics)
* Estrea absoluta.

Hora

(Venres) 20:30

Lugar

Conservatorio Superior (O Castro)

Calle de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

X