Inauguración Voces Interiores – A Movida

xaneiro, 2018

20xan22:00Inauguración Voces InterioresEXPOSICIÓN FOTOS | De balde22:00 PELUQart

Máis

Detalles do evento

‘Voces Interiores’, o traballo da fotoperiodista galega Sonia Daponte, inaugúrase hoxe no espazo multifacético PELUQart. É o traballo máis persoal da fotógrafa galega que se desfai das súas pantasmas e fainos reflexionar sobre a realidade tal como a vemos e tal como é.
A inauguración será un acto tan especial como as fotografías de Daponte: a perruquería estará as escuras e o espectador terá que explorar a exposición iluminándoa coa luz da lanterna. O propósito desta posta en escea é provocar no público unha sensación de expectación, de descubrimento: as fotografías xogan con varias realidades e a luz da lanterna engadirá máis. RNST Dj porá música ao evento, no que os espectadores acudirán tamén a unha performance na que a perruqueira Sara García amosará o seu traballo na escuridade (cortando, peiteando, tinguindo…), coa única iluminación dun casco con unha dobre función: iluminar para que a estilista poda traballar e servir de soporte a un circuito de luces LED que animará a bailar ao riitmo da música.

Hora

(Sádado) 22:00

Lugar

PELUQart

Rúa Couto Piñeiro, 2, 36204 Vigo, Pontevedra

X