VIALIA
bannerPicnicSesions

'ELA'

14dec18:00'ELA'PEQUERRECHOS | De balde18:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

A Concellería de Igualdade organiza este mes de decembro un programa cultural a prol da igualdade para público familiar (+ 4 anos) que ten como finalidade o divertimento e a reflexión dende a perspectiva de xénero.

A programación terá lugar no Auditorio Municipal e inclúe 3 espectáculos que visibilizan a mulleres e mozas nun rol activo e poñen en valor o traballo das mulleres artistas.

.- Martes, 12 de decembro. Espectáculo interactivo “Pitusa Semifusa”Rebumbio Producións

O espectáculo se apoia en instrumentos de xoguete, onde a explicacións destes e das súas características son o fío condutor dun concerto interactivo. As dúas artistas van ensinando os instrumentos e as súas peculiaridades a cativas e cativos.

Idade recomendada: público familiar, a partir de 4 anos

Interpretación: Andrea Picos, Olga Brañas e Sergio Tannus

Duración aprox: 50 minutos

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei

Hora: 18:00 h

Entrada libre ata completar o aforo

.- Mércores, 13 de decembro. Espectáculo teatral “A teteira de Kabul”, compañía Xarope Tulú

Espectáculo de monicreques dirixido a publico familiar baseado no conto de Carolina Pujales. Esta peza conta a historia de Mina, unha nena que debe abandonar o seu fogar por mor do estalido da guerra no seu país, Afganistán. A poética dos monicreques vai permitir viaxar a outros lugares e contar a historia de Mina desde unha perspectiva construtiva e alentadora.

Idade recomendada: público familiar, a partir de 6 anos

Interpretación: Atenea García e Xosé Manuel Esperante

Duración aprox: 50 minutos

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei

Hora: 18:00 h

Entrada libre ata completar o aforo

.- Xoves, 14 de decembro. Espectáculo “ELA”, da compañía Caramuxo Teatro,

Espectáculo de teatro e danza onde se crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruja Mallo; unha mistura de poesía, humor, teatro e danza onde descubrir o imaxinario desta muller excepcional.

Idade recomendada: público familiar, a partir de 4 anos.

InterpretaciónLaura Sarasola Pontón, Juan Rodríguez Santiago e Suso Jalda

Duración aprox: 45 minutos

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei

Hora: 18:00 h

Entrada libre ata completar o aforo

Máis

Hora

(Xoves) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events